Giovanni Candida, nado en Benevento na segunda metade do século XV e finado na mesma cidade campana no século XVI (non antes de 1504), foi un medallista italiano.Forrer, L. (1904). Páxina 334."Càndida, Giovanni". Sapere.it"
Traxectoria Giovanni Candida era un crego pertencente á antiga familia Filangieri. Estivo ao servizo da casa de Anjou e, aínda na súa xuventude, trasladouse a Flandres. Logo desenvolveu a súa actividade artística principalmente na corte de Borgoña (desde 1472), onde ocupou o cargo de secretario de Carlos I, duque de Borgoña. Nesta corte confiáronselle tamén algunhas misións diplomáticas. Entre outros destinos, foi eviado en misións negociadoras a Venecia en 1473 e 1478, e a Roma en 1475 e en 1476, e foi observador na Dieta de Augsburgo en 1474.Scheurer, R. (1974).
Á morte do duque de Borgoña, entrou ao servizo de Maximiliano I de Habsburgo e, finalmente, de Carlos VIII de Francia, xa na segunda metade do século XV. Sábese moi pouco acerca da vida que levou Candida na súa nova corte; descoñécese mesmo cales foron as súas funcións durante o reinado de Luís XI (1461-1483).
Candida soubo asociar a arte da medallística á súa actividade diplomática, o que lle reportou unha gran sona en Borgoña. Gravou medallas para os seus amigos e protectores, e retratou tanto a grandes como a pequenos personaxes das políticas borgoñoa e francesa, como Maximiliano de Habsburgo, María de Borgoña, Carlos o Temerario ou Robert Briçonnet.
A principios do reinado de Carlos VIII (1483-1498) exerceu tamén como historiador. Sábese que compuxo un resumo da historia de Francia titulado Historia Francorum abbreviata a Troiana urbe usque ad Carolum VIII, así como un tratado para lexitimar as pretensións de Carlos VIII ao trono do Reino de Nápoles.
Nas súas medallas, Candida adoitaba incluír, a modo de sinatura de gravador, as marcas CAND, CANDID, OPUS CAND ou CANDIDA.Forrer, L. (1904).
Escolma de traballos
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Forrer, L. (1904). "Candida, Giovanni". En Biographical dictionary of medallists. Vol. 1. Londres. Páxinas 334-338.
Scheurer, R. (1974). "Candida, Giovanni (Jean)". En: Ghisalberti, A. M. (ed.): Dizionario Biografico degli Italiani. Vol. 17. Istituto della Enciclopedia Italiana, Roma. Börner, L. (1983). "Giovanni Candida, Medaille Erzherzog Maximilian und Maria von Burgund". En Kunst der Reformationszeit, Berlín. Páxina 170.
Outros artigos Historia da medalla italiana Historia da medalla francesa
Categoría:Nados en Campania Categoría:Nados no século XV Categoría:Finados no século XVI Categoría:Arte de Italia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Diplomáticos Categoría:Medallas