Soiuz MS-12 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 14 de marzo de 2019 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz MS-12, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Aleksei Ovchinin, Christina Hammock Koch e Nick Hague a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Ovchinin e Hague eran os tripulantes orixinais da Soiuz MS-10, que sufriu un problema que lle impediu chegar a órbita, sendo reasignados á MS-12 e cambiando os plans de subir a un turista espacial neste voo. A Soiuz chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de seis horas, acoplándose ao módulo Rassvet e coa tripulación uníndose aos membros da Expedición 58, Oleg Kononenko, Anne McClain e David Saint-Jacques. Despois da marcha da Soiuz MS-11 comezou oficialmente a Expedición 59 cos membros da Soiuz MS-12. Tras 203 días en órbita, a Soiuz MS-12 desacoplouse do módulo Rassvet o 3 de outubro de 2019 con Ovchinin, Hague e o turista espacial Hazzaa Ali Almansoori, con Koch quedando na estación. A Soiuz 12 aterrou a 147 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Kazakhstán).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz