Raúl Hernández Grados, nado en Leganés o 11 de setembro de 1994, é un futbolista español, que xoga como extremo dereito no Lugo, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Rayo Majadahonda e aos 18 anos debutou co primeiro equipo na Terceira División. A continuación pasou polas filas do Móstoles, o Alcobendas e o Atlético de Pinto, antes de recalar en 2016 no Rayo Vallecano B. Tras dúas campañas no filial do Rayo, fichou polo Barakaldo, co que debutou na Segunda División B, e onde coincidiu con Sergio Benito, compañeiro seu en varios equipos.

En 2019 fichou pola UD San Sebastián de los Reyes, club ao que pertenceu ata 2023, xogando entre medias un ano cedido no Algeciras. A continuación incorporouse ao Fuenlabrada, tamén na Primeira División RFEF, no que disputou un total de 22 partidos, 19 deles como titular.

No verán de 2024 asinou como novo xogador do Lugo, da mesma categoría.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Leganés Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CF Rayo Majadahonda Categoría:Xogadores do CD Móstoles Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano B Categoría:Xogadores do Barakaldo CF Categoría:Xogadores da UD San Sebastián de los Reyes Categoría:Xogadores do Algeciras CF Categoría:Xogadores do CF Fuenlabrada Categoría:Xogadores do CD Lugo