Yamen Manaï, nado en Tunes o 25 de maio de 1980, é un escritor tunisiano establecido en París.

Traxectoria Manaï, fillo de profesores, creceu en Tunes nun ambiente culto. Durante a súa infancia tivo acceso á biblioteca familiar e ficou abraiado coa poesía árabe, a cal influíu na súa escritura. Marchou estudar enxeñaría en París e especializouse no eido das Tecnoloxías da información e a comunicación. Na cidade descubriu a vida literaria francesa e pouco a pouco comezou a escribir en francés.

As súas novelas levan á reflexión sobre o mundo actual: ditaduras, fundamentalismo e ecoloxía. Foron premiadas en Francia, mais tamén en Tunisia, co Comar d'or.

En xuño de 2021 Manaï gañou o Premio Orange du Livre en Afrique coa novela Bel abîme.

Obras La Marche de l'incertitude (2010) La Sérénade d'Ibrahim Santos (2011) Nouvelles de Tunisie (2012), obra colectiva L'Amas ardent (2017) Bel abîme (2021)

Notas

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Escritores en lingua francesa