Os Supersónicos (The Jetsons) é unha serie de televisión animada creada por William Hanna e Joseph Barbera. É actualmente transmitida por Boomerang, unha canle propiedade de Cartoon Network. Foi creada en 1963 e moitos cren que é a versión futurista d'Os Picapedra. Pero non é así aínda que se demostren similitudes, os personaxes e aventuras son moi diferentes.

Personaxes George Jetson (Super Sónico). Jane Jetson (Ultra Sónico). Judy Jetson (Lucero Sónico). Elroy Jetson (Cometín Sónico). Rosy (Robotina). Orbity Mascota de Cometín. Astro Mascota da familia.

Super Sónico traballa tres horas ao día, tres días á semana en Engrenaxes Xúpiter. O seu xefe o Señor Xúpiter fai a súa vida imposible en cada oportunidade que se lle presenta. A familia Sónico representa a clásica familia de clase media-alta dos Estados Unidos, viaxan en "Autonave" e van de vacacións a "As Venus".

A Competencia en termos de negocios esta representada por Cogswell Cogs, o dono, o Señor Cogswell trata de roubar todos os segredos industriais propiedade do Señor Xúpiter e así sacalo do negocio.

Canles Galicia: TVG, nos anos 90. España: RTVE, nos anos 60. México: Televisa S.A. segue sendo transmitida por TV aberta. México: Cablevision.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Xabarín Club

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1962 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1963 Categoría:Series de televisión iniciadas en 1985 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1987 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Xabarín Club Categoría:Hanna-Barbera Categoría:Series de televisión con versión galega