Guy Antony Chambers, nado o 12 de xaneiro de 1963 en Londres, é un compositor e produtor discográfico inglés, coñecido pola súa longa colaboración artística con Robbie Williams.
Colaboración con Robbie Williams Chambers colaborou, tanto como compositor e produtor, nos primeiros cinco álbums de Robbie Williams. Todos eles acadaron o número 1 no Reino Unido e acadaron vendas mundiais de máis de 40 millóns de copias. Chambers escribiu a maioría das cancións máis coñecidas de Williams, incluíndo "Rock DJ", "Feel", "Millenium", "Let Me Entertain You" e "Angels".
Outras colaboracións
Chambers e Williams deixaron de colaborar despois da gravación do quinto álbum de Williams, Escapology, rematada en 2002. Despois diso, Chambers traballou con artistas como INXS, producindo e escribindo cancións para o seu álbum de 2005, Switch.
Chambers tamén escribiu cancións para a banda de pop rock londiniense Busted, como "Fake" e "Better Than This", do seu segundo álbum A Present For Everyone.
En 2022, Chambers colaborou co músico austríaco Trickster para escribir e producir unha canción de Nadal chea de improperios que reflicte as tensións e o estrés dese ano (que se fixo viral).
Premios 3 Ivor Novello Awards 3 Brit Awards Q Classic Songwriter Award MMF Best Produced Record Award
Notas
Categoría:Gañadores do Premio Ivor Novello Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Londres