Rául Dacosta Cerqueda, nado en Ourense o 26 de xaneiro de 2002, é un futbolista galego que xoga como extremo esquerdo na Ponferradina, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Naceu en Ourense, sendo fillo do tamén futbolista José Ramón Dacosta, xogador histórico do Club Deportivo Ourense. Tamén Raúl ingresou no hoxe desaparecido club ourensán, xogando nas súas categorías inferiores dende os 6 anos. Posteriormente pasou polo Pabellón, ata que no 2014 entrou na canteira do Celta de Vigo.
Tras tres anos en Vigo, en xullo de 2017 foi fichado polo Real Madrid, pasando tres anos na súa canteira, ata que en 2020 pasou á do Espanyol.
O 7 de febreiro de 2021 debutou co Espanyol B na Segunda División B, nun partido ante o Hospitalet, e na tempada 2021/22 pasou a formar parte definitivamente do filial. Disputou un total de 62 partidos co Espanyol B ata 2023, marcando 8 goles.
En agosto de 2023 fichou pola Ponferradina, que acababa de descender á Primeira División RFEF.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente .
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 2002 Categoría:Futbolistas de Ourense Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Xogadores da SD Ponferradina