Radio Líder Salnés é unha emisora de radio localizada en Cambados,que comezou a emitir o 19 de marzo de 1995 no 107.9 FM.
Características Aínda que a licenza corresponde ao concello de Cambados, este cedeu a súa xestión a outras empresas nos últimos anos. Primeiro foi a Gesradio, logo a Salnés Siradella e a partir de 2005 a Cadena Noroeste de Medios de Comunicación, que adoitou recentemente o nome comercial de Radio Líder e mantén un acordo de emisión con Punto Radio.
A denominación actual da emisora e Radio Líder Salnés e as desconexións locais poden escoitarse entre as 12.00 e as 14.00 horas. Os seus contidos céntranse tanto na comarca do Salnés como no Barbanza.
O programa, que presentan os xornalistas e locutores Suso Blanco e Susana Figueiras, mantén seccións habituais que rotan durante a semana, centradas en temas variados como Informática (As Ondas dos SILsAs Ondas dos SILs en MP3 en asociacionsil.org, emitido os luns), Saúde (En lista de espera, con Manuel Martín), Discapacidade (Todos Contan), Psicolopsía (Mundo Interior) ou Hostalaría e Turismo (espazo auspiciado polo CIFP Carlos Oroza), entre outros.
Notas
Salnes, Radio