A Pontenova é un lugar da parroquia da Ponte Arcediago no concello coruñés de Santiso na comarca da Terra de Melide. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 6 habitantes (3 homes e 3 mulleres).
Toponimia O topónimo A Pontenova fai referencia á ponte sobre o río Ulla, a carón da desembocadura neste do río Furelos. Por ela discorría a estrada C-540. A finais do século XX construíuse outra ponte, na que remata a actual AC-840 e comeza a PO-840.
Notas
Lugares e parroquias Lugares da Ponte Arcediago
Parroquias de Santiso
Categoría:Lugares de Santiso