1907 (MCMVII) foi un ano común comezado en martes segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos 14 de xaneiro - Terremoto en Kingston (Xamaica) co resultado de máis de 1000 mortos. 5 de marzo - Ábrese nova sesión da Duma en San Petersburgo, e 40 000 persoas que protestaban foron dispersadas pola policía. 15 e 16 de marzo - Primeiras eleccións parlamentarias en Finlandia e as primeiras coa participación das mulleres. 25 de xullo - Corea convértese nun protectorado do Xapón. O Himno Galego é interpretado por vez primeira na Habana, Cuba. Créase na Coruña a agrupación Solidaridad Gallega, que se propón fomentar o agrarismo e o rexionalismo. Durante as súas actuacións son pronunciados discursos en galego, feito insólito naquela altura.

Arte e cultura Pablo Picasso pinta "As señoritas de Avignon" (Les demoiselles d'Avignon).

Nacementos miniatura|Frida Kahlo 3 de xaneiro - Ray Milland, actor galés. 23 de xaneiro - Hideki Yukawa, físico xaponés, Premio Nobel de Física (m. 1981). 21 de febreiro - W. H. Auden, escritor angloamericano (m. 1973). 4 de abril - Ramón Martínez López, filólogo e político galego. 14 de abril - François Duvalier, presidente de Haití. 21 de abril - Enrique Líster, militar e político galego. 29 de abril - Tino Rossi, cantante e actor francés. 9 de marzo - Mircea Eliade, pensador e etnógrafo romanés. 15 de abril - Nikolaas Tinbergen, ornitólogo holandés, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1988). 12 de maio - Katharine Hepburn, actriz estadounidense (m. 2003). 22 de maio - Hergé, creador de banda deseñada belga (m. 1983). 23 de maio - John Wayne, actor estadounidense (m. 1979). 6 de xuño - Benito Prieto Coussent, pintor e escultor galego (m. 2001). 8 de xuño - María Mariño Carou, escritora (m. 1967) 18 de xuño - Helen Megaw foi unha mineraloxista irlandesa (m. 2002) 23 de xuño - James Meade, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía (m. 1995). 25 de xuño - J. Hans D. Jensen, físico alemán, Premio Nobel de Física (m. 1973). 6 de xullo - Frida Kahlo, pintora mexicana (m. 1954). 23 de xullo - Elspeth Huxley, escritora, xornalista e oficial colonial británica (m. 1997). 3 de agosto - Ernesto Geisel, presidente do Brasil (m. 1996). 8 de agosto - Benny Carter, saxofonista de jazz estadounidense (m. 2003). 12 de agosto - Miguel Torga, escritor portugués. 2 de setembro - Xesús Taboada Chivite, arqueólogo e etnógrafo galego (m. 1976) 14 de setembro - Edel Quinn, misioneira católica irlandesa (m. 1944). 2 de outubro - Víctor Paz Estenssoro, presidente de Bolivia (m. 2000). 17 de setembro - Edwin Mattison McMillan, químico estadounidense, Premio Nobel (m.1991). 22 de setembro - Maurice Blanchot, escritor e crítico literario francés (m. 2003). 4 de novembro - Pilar Primo de Rivera, política española, filla de Miguel Primo de Rivera (m. 1991). 18 de novembro - Compay Segundo, músico cubano (m. 2003). 28 de novembro - Alberto Moravia, escritor italiano (m. 1990). 15 de decembro - Oscar Niemeyer, arquitecto brasileiro.

Mortes miniatura|O Rilo de Betanzos 20 de xaneiro - Dmitri Mendeleiev, químico ruso, creador da táboa periódica dos elementos (n.1834) 6 de febreiro - Adolfo Emanuel Guimarães de Azevedo, escritor brasileiro (n. 1871). 16 de febreiro - Giosuè Carducci, poeta italiano, premio Nobel de Literatura en 1906 (n.1835) 20 de febreiro - Henri Moissan, químico francés, premio Nobel de Química en 1906. 16 de marzo - Manuel Rilo Pardo, gaiteiro galego (n. 1829). 28 de abril - Manuel Bibiano Fernández, xornalista galego (n. 1842). 15 de xuño - William Le Baron Jenney, arquitecto norteamericano (n. 1832). 20 de agosto - Servando Fernández Victorio, avogado, xuíz e político galego (n. 1834). 4 de setembro - Edvard Grieg, compositor noruegués. 7 de setembro - Sully Prudhomme, poeta francés, premio Nobel de Literatura en 1901 (n. 1829) 1 de novembro - Alfred Jarry, escritor francés (n. 1873) 21 de novembro - Paula Modersohn-Becker, pintora alemá (n. 1876) 22 de novembro - Asaph Hall, astrónomo estadounidense. 8 de decembro - Rei Óscar II de Suecia (n.1829) 17 de decembro - Lord Kelvin, físico británico (n.1824)

Premios Nobel Física: Albert Abraham Michelson Química: Eduard Buchner Fisioloxía ou Medicina: Alphonse Laveran Literatura: Rudyard Kipling Paz: Ernesto Teodoro Moneta e Louis Renault

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1907