Bilbao () é unha cidade e concello situado ao norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Biscaia, no País Vasco. Atópase situada na comarca do Gran Bilbao e é atravesada polo río Nervión, que a esas alturas do seu percorrido xa toma forma de ría. No ano 2017 tiña unha poboación de 345 110 habitantes e unha extensión de 41,26 km², cunha densidade da poboación de 8 300 hab./km². É o centro dunha área de influencia que se coñece como Gran Bilbao e que chega a albergar a preto dun millón de habitantes.
Desde a súa fundación, en principios do século XIV, foi un enclave comercial que gozou de particular importancia na cornixa cantábrica grazas á súa actividade portuaria que se baseaba principalmente na exportación da la procedente de Castela e en menor medida do ferro extraído das canteiras biscaíñas. Ao longo do século XIX e principios do XX experimentou unha forte industrialización que a converteu no epicentro da segunda rexión industrializada de España, por detrás de Barcelona. Esta estivo acompañada dunha extraordinaria explosión demográfica e urbanística que orixinou a anexión de varios municipios lindeiros. Actualmente é unha puxante cidade de servizos, que se atopa nun proceso de revitalización estética, social e económica liderado polo simbólico Museo Guggenheim Bilbao.
Historia e características 220px|esquerda|miniatura|Vista nocturna da cidade Foi fundada o 15 de xuño de 1300 por Diego López V de Haro. O escudo da vila é descrito heraldicamente do seguinte xeito:
Está caracterizado pola imaxe da contorna da igrexa de San Antón e o río Nervión, os lobos pasantes da casa de Haro, fundadora da cidade, moi frecuente nas armerías biscaíñas, e os seus ornamentos do século XIX.
100px|miniatura|esquerda|Armas da cidade de Constitución, no Chile, fundada co nome de Nuevo Bilbao no final do século XVIII. O brasón de Bilbao, no primeiro cuartel, fai referencia á orixe bilbaína dos seus fundadores.
Bilbao ostenta a categoría histórica de vila, cos títulos de Moi Nobre e Moi Leal e Invicta. Os Reis Católicos concedéronlle o título de Nobre en 1475 e Filipe III, os de Moi Nobre e Moi Leal en 1603. A raíña María Cristina engadiu o de Invicta en 1837, por resistir o asedio das tropas carlistas.
Denominacións O nome oficial adoptado polo concello para o seu uso tanto en castelán como en éuscaro é Bilbao. Non obstante, a Euskaltzaindia ditaminou, nun informe solicitado polo propio Concello de Bilbao, que o topónimo oficial en éuscaro é Bilbo, e así aparece na súa norma académica.http://www.euskaltzaindia.net
Demografía Segundo o censo de 2009, Bilbao tiña 354.860 habitantes; dos cales 168.019 eran homes, o que representa aproximadamente un 47 % do total, e 186.841 eran mulleres, aproximadamente un 53 % da poboación. A diferenza a favor das mulleres móstrase na pirámide de poboación e prodúcese a partir dos 40 anos incrementándose de forma sensible nos últimos tramos da pirámide.
Distritos e barrios Administrativamente, a vila divídese en oito distritos cuxa dirección política se exerce polos correspondentes Concelleiros Presidentes e polos Directores de Centro Municipal de Distrito, coordinados polo Servizo de Relacións Cidadás. Á súa vez, estes distritos divídense en 34 barrios.
Núm..of. Distrito Barrios Superficie(km²) Poboación(2009) Localización 1 Deusto Arangoiti, Ibarrecolanda, San Ignacio-Elorrieta e San Pedro de Deusto-La Ribera. 4,95 51.656 200px 2 Uribarri Castaños, Matiko-Ciudad Jardín, Uribarri e Zurbaran-Arabella. 4,19 38.335 3 Otxarkoaga-Txurdinaga Otxarkoaga e Txurdinaga. 3,90 28.518 4 Begoña Begoña, Bolueta e Santutxu. 1,77 43.030 5 Ibaiondo Achuri, Bilbao La Vieja, Casco Viejo, Iturralde, La Peña, Miribilla, San Adrián, San Francisco, Solokoetxe e Zabala. 9,65 61.029 6 Abando Abando e Indautxu. 2,14 51.718 7 Errekalde Ametzola, Iralabarri, Iturrigorri-Peñascal, Errekaldeberri-Larrasquitu e Uretamendi. 6,96 47.787 8 Basurtu-Zorrotza Altamira, Basurtu, Masustegi, Olabeaga e Zorrotza. 7,09 33.658
Economía miniatura|150px|esquerda|Sede do BBVA, antiga sede do Banco de Biscaia. Bilbao foi o núcleo económico do País Vasco desde os tempos do Consulado, principalmente grazas ao comercio no seu porto de produtos casteláns, mais non foi ata o século XIX cando experimentou un desenvolvemento notable, baseado na explotación de minas férreas e a industria siderúrxica, que promoveron o tráfico marítimo, a actividade portuaria e a construción de barcos.
Durante estes anos tamén aparecen o Banco de Bilbao, fundado en 1857, o Banco de Biscaia créase posteriormente en 1901, tamén en Bilbao, ambas as entidades fusionáronse en 1988 dando paso á corporación BBV, e posteriormente en 1999 fusionouse esta entidade co grupo bancario Argentaria dando a paso ao banco actual (2009) denominado BBVA, as caixas de aforro que se crearon a nivel local, Caixa de Aforros Municipal de Bilbao (1907) e provincial Caixa de Aforros Provincial de Biscaia (1921), máis tarde en 1990 fusionaríanse e formarían a Bilbao Bizkaia Kutxa BBK, ademais da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Bilbao e a Bolsa de Bilbao o 21 de xullo de 1890.
Lugares de interese Museo Guggenheim 220px|esquerda|miniatura|Puppy, na entrada do Guggenheim 220px|miniatura|Entrada para o museo O Museo Guggenheim Bilbao é un museo de arte contemporánea que pertence á Fundación Solomon R. Guggenheim. Foi deseñado polo gabinete de arquitectos de Frank Gehry, e aberto ao público en 1997, alberga exposicións de arte de obras pertencentes á fundación Guggenheim e exposicións itinerantes. A estrutura principal está radicalmente esculpida seguindo contornos case orgánicos. Parte do edificio é cruzado por unha ponte elevada e o exterior está recuberto por placas de titanio e por unha pedra calcaria igual á que se utilizou para construír a Universidade de Deusto.
Catedral 150px|esquerda|miniatura|Catedral de SantiagoA Catedral de Santiago é o templo que alberga a sede da diocese de Bilbao. Foi construída entre o último cuarto do século XIV e principios do XV en estilo gótico. Toma o seu nome do patrón de Bilbao, o apóstolo Santiago o Maior. Durante o século XVI engadíronse o retablo maior e o actual pórtico, ambos en estilo renacentista. A Piedade data do século XVII, construída conforme o Clasicismo. No século XIX reconstrúese a fachada dándolle o seu aspecto actual. A torre tamén data desta reforma, obra de Severino Achucarro.
200px|miniatura|Torre da Basílica da Nosa Señora de Begoña A planta da catedral forma unha cruz latina dividida en tres naves, das cales a central é de maior altura, separadas á súa vez en catro tramos por unha serie de alicerces con columnas encostadas, coroadas por unha bóveda de crucería. A cabeceira do templo é de planta poligonal, con deambulatorio. A torre da catedral é de estilo gótico tardío. No corpo superior atópanse dúas ventás baixo un arco desa época. A torre conserva sete campás, fundidas en 1916. Ten 15 capelas aloxadas entre os contrafortes.
Basílica da Nosa Señora de Begoña A Basílica da Nosa Señora de Begoña é o santuario da Nai de Deus de Begoña, patroa do señorío de Biscaia. A construción do presente santuario comezou na primeira década do século XVI, baixo traza de Sancho Martínez de Asego, a torre foi deseñada por Martín de Garita. Consta dunha nave ampla nave central con ábsida poligonal e dúas naves laterais levemente máis baixas cubertas con bóveda de crucería dentro do século XVII, sobre dez robustos alicerces cilíndricos. O presente retablo é unha obra neobarroca de Modesto Echániz, construído en 1869. As obras custeáronse grazas ás esmolas dos fieis, no seu maior parte veciños da Vila de Bilbao.
Palacio Chávarri e Palacio Foral 220px|esquerda|miniatura|Palacio Chávarri O Palacio Chávarri é a sede da Subdelegación do Goberno (antigo Goberno Civil) desde 1943. Está situado no ensanche bilbaíno. Trátase dunha obra ecléctica inspirada en revivalismos neoflamencos, construído para a familia Chávarri polo arquitecto Atanasio de Anduiza segundo proxecto do arquitecto belga Paul Hankar. Algúns dos seus salóns foron decorados polo pintor José Echenagusia Errazquin. 220px|miniatura|Palacio da Deputación Foral de Biscaia O acceso principal en arco escarzano abriuse ao cambiar a función do edificio. Conta ademais con acceso adintelado en eixo dereito de fachada en chanfro. Nas súas tres plantas ábrense de forma asimétrica gran cantidade de vans adintelados e no medio punto: fiestras, miradoiros e balcóns con balaustrada de pedra ou antepecho de ferro. Na altura amansardada presenta varias bufardas.
O Palacio da Deputación Foral de Biscaia está situado na Gran Vía. É un edificio de aspecto sólido e maxestoso. Foi proxectado no final do século XIX no estilo ecléctico. Destaca a fachada principal á Gran Vía, na que se observa un corpo adiantado respecto da liña de fachada, que inclúe un soportal de entrada sobre o que se dispón varanda e remata con escudo. Merece especial mención o chamado Salón do Trono, con dúas pinturas murais de José Echenagusia Errazquin (1844-1912) que se reproducen frecuentemente nos libros de texto e históricos alusivos ao País Vasco.
Teatro Arriaga 220px|miniatura|esquerda|Fachada principal do Teatro Arriaga O Teatro Arriaga é un edificio neo-barroco de final do século XIX, obra do arquitecto Joaquín de Rucoba. Está dedicado ao compositor español Juan Crisóstomo de Arriaga. Inaugurouse con tal nome en 1890.
Trátase dunha construción exenta de planta trapezoidal que presenta alzados con corpo basamental almofadado, corpo principal de orde xigante con vans rectangulares e óculos profusamente decorados, e terceiro corpo de remate separado do anterior por cornixa corrida. A cuberta da parte central é a dobre vertente, tanto na súa parte dianteira na que se remata por pequeno ciborio, como en corpo rectangular de metade traseira do edificio. Presenta cúpulas en torrecillas laterais e cubrición inclinada con mansardas en todo o perímetro do edificio.
Transporte Metro
O metro de Bilbao foi planificado desde os anos 1970 e foi inaugurado o 11 de novembro de 1995, comprendendo as 23 estacións entre Casco Viejo e Plentzia. Actualmente o Metro consta de dúas liñas (1 e 2) coa forma de Y, que discorren por ambas as marxes da ría confluíndo no distrito de Deusto nun tronco común e cruzando a cidade ata chegar ao municipio de Etxebarri. En 2007, este medio de transporte aumentou os seus pasaxeiros un 7,6% con respecto ao exercicio anterior, chegando aos 85,6 millóns de viaxes.Só Metro Bilbao e Bilbobus incrementan os seus viaxeiros en Biscaia
A liña 3 atópase xa rematada e dende 2017 une Etxebarri co barrio de Matiko, no distrito de Uribarri, ofrecendo servizo a 71.086 persoas. Para rematar, atópanse en proxecto as liñas 4, que unirá a estación de Matiko con Errekalde e a liña 5, entre Etxebarri e Galdakao.
METRO 20px Etxebarri - Plentzia 20px Basauri - Santurtzi 20pxSanturtzi - Mamariga 20px San Antonio - Aireportua 20px Matiko - Errekalde (en proxecto) 20px Etxebarri - Usansolo (en proxecto)
Funicular O concello é responsable do funicular de Artxanda, un funicular que permite o ascenso ao monte Artxanda inaugurado o 7 de outubro de 1915.
Ferrocarril Renfe