A dinastía Sui (chinés tradicional e simplificado: 隋朝; pinyin: Suí cháo; Wade-Giles: Sui2 ch'ao2) foi unha breve dinastía chinesa que gobernou entre o 581 e o 618. A reunificación da China durante este período finalizou a era das dinastías meridionais e setentrionais, acabando coa división política que comezara coa guerra dos oito príncipes. Os Sui intentaron reconstruír o país, reimplantando e reformando as institucións imperiais, establecendo a base da futura dinastía Tang.
Notas
Categoría:Historia da China Categoría:Dinastías