alt=Retrato fotográfico do autor, Panait Istrati|miniatura|Retrato fotográfico do autor, Panait Istrati Kyra Kyralina ou Chira Chiralina é unha novela do autor romanés Panait Istrati publicada no 1923. Foi publicada en galego por Irmás Cartoné.

Publicación Kyra Kyralina foi escrita en francés, e traducida á lingua romanesa no 1924, nunha versión anónima. A edición orixinal tiña por subtítulo "un Gorki dos Balcáns", e levaba un prefacio de Romain Rolland. Con ela, Istrati comezou o seu ciclo de Adrien Zograffi.

Trátase da primeira obra dun autor romanés en representar a homosexualidade, polo que Istrati chegou a ser tildado de "poeta miserento de cús desflorados".

Adaptacións A novela foi adaptada ao cinema no 2014, nun filme romanés homónimo dirixido por Dan Pita.

Traducións Kyra Kyralina (2022). Tradución directa do francés de Celia Recarey Rendo. Irmás Cartoné.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Kyra Kyralina (Consorcio Editorial Galego)

Categoría:Literatura de Francia Categoría:Literatura en lingua francesa Categoría:Obras traducidas do francés ao galego