Iván Arias Arias, nado en Palas de Rei en 1998, é un lexicógrafo e filólogo galego.
Traxectoria Cursou o Bacharelato en Palas de Rei,https://a.gal/ivan-arias-morar-em-portugal-e-a-experiencia-mais-enriquecedora-que-alguem-com-interesse-no-galego-pode-chegar-a-viver/ e o grao de Linguas e Literaturas Modernas (Alemán) na Universidade de Santiago de Compostelahttps://ilg.usc.gal/gl/persoal/ivan-arias-arias, así como o Mestrado Europeo Erasmus Mundus en Lexicografía na Universidade do Minho (Braga) e na Friedrich-Alexander-Universität Erlangen-Nürnberg.
Obtivo o Premio Fin de Carreira outorgado pola Xunta de Galiciahttps://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2021/08/30/premio-fin-carrera-30-universitarios-usc-acabaron-estudios-2020/0003_202108S30C29911.htm/
Na actualidade, elabora unha tese sobre lexicografía na Universidade de Santiago de Compostela.
Publicacións
Anotação semântica (semi)automática de corpora: a frase nominal em alemão (Universidade do Minho, 2022)https://repositorium.sdum.uminho.pt/handle/1822/79649/
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Lexicógrafos Categoría:Lingüistas da lingua alemá Categoría:Nados en Palas de Rei
Categoría:Nados en 1998
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes