miniatura|Ao finalizar as series o HIFK proclamouse campión por segunda vez na súa historia. Os play-offs da Naisten Liiga 2023-2024 foron o ciclo de peche ou eliminatorias da tempada 2023-24 da Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia. As eliminatorias comezaron o 23 de febreiro de 2024 e finalizaron o 21 de marzo coa disputa do cuarto partido das finais.
O IFK de Helsinqui, segundo da liga regular, defendeu o título conquistado na tempada precedente, sendo o gran favorito para gañar o campionato xunto co K-Espoo, campión da liga regular.
Á conclusión das series o HIFK alzou por segunda vez na súa historia a Aurora Borealis Malja logo de superar en catro partidos ao K-Espoo, mentres que as xogadoras do KalPa de Kuopio conseguiron a medalla de bronce logo de impoñerse ao HPK de Hämeenlinna.
A xogadora francesa do HIFK Clara Rozier foi nomeada como mellor xogadora dos play-offs logo de rexistrar 14 puntos (7+7) nos 11 partidos que o equipo da capital disputou nas series.
Cadro de competición
Resumo da liga regular HIFK Antes do inicio da competición o HIFK foi sanncionado coa perda de seis puntos na clasificación por non xestionar a transferencia internacional da xogadora checa Michaela Pejzlova ao equipo na tempada precedente. Esta sanción acabaría levando ao equipo da capital a finalizar a liga regular na segunda posición con 75 puntos, catro menos que o K-Espoo, logo de gañar 27 partidos e perder tan só cinco. O xogo do equipo foi sólido ao longo de toda a liga regular salientando a figura da xogadora checa Michaela Pejzlova (71, 30+41 en 24 partidos), aínda que o final do ano 2023 e o inicio do 2024 non foi bo para o equipo, que colleitou catro derrotas consecutivas contra os equipos da zona alta da táboa, primeiro contra K-Espoo, logo contra HPK, Ilves, e KalPa. Con todo, o equipo dirixido por Saara Niemi foi o máximo goleador (175) e o menos goleado (49), rexistrando un +126. Ata catro xogadoras do equipo estiveron na lista das cinco máximas puntuadoras da liga regular (Michaela Pejzlova e Sanni Vanhanen nos dous primeiros postos, e Julia Liikala e Clara Rozier nos postos 4º e 5º respectivamente), e Kiia Lahtinen foi a mellor porteira en porcentaxe de paradas cun 93,3%. Este dominio estatístico non se viu reflectido nos nomeamentos ás mellores xogadoras do mes e da semana, e tan só Michaela Pejzlova foi recoñecida como mellor xogadora do mes en xaneiro, e Clara Rozier como mellor xogadora da semana a finais de xaneiro. Michaela Pejzlova foi ademais seleccionada no primeiro equipo das estrelas xunto coa súa compañeira Siiri Yrjölä, mentres que Julia Liikala formou parte do segundo equipo das estrelas. Ao final da liga regular Michaela Pejzlova gañou o trofeo Marianne Ihalainen como máxima puntuadora da liga regular e Clara Rozier o trofeo Sari Fisk á xogadora co mellor rexistro plus–minus da liga regular.
HPK
Ilves O Ilves finalizou a liga regular na quinta posición con 53 puntos e unha diferenza de goles de +8. O peso anotador do equipo recaeu en varias xogadoras encabezadas por Anniina Kaitala (34, 21 + 13), aínda que Emilia Varpula (33, 6 + 27) e Helen Puputti (32, 13 + 19) tamén superaron a barrera dos 30 puntos. O equipo tivo un gran inicio de competición no que encadeou cinco vitorias dos seis partidos que o Ilves disputou en setembro, o que lle valeu á súa porteira Salla Sivula ser nomeada como mellor xogadora no mes de setembro logo de conseguir unha porcentaxe de paradas do 95,2 %.
KalPa Ao final da liga regular o KalPa finalizou na cuarta posición con 60 puntos e unha diferenza de goles de +38. A principal figura do equipo foi a atacante Elisa Holopainen, que rexistrou 57 puntos nos 19 partidos que disputou, once máis que a segunda máxima puntuadora do equipo, Johanna Juutilainen, que disputou os 32 partidos da liga regular. Holopainen recibiu os premios á mellor xogadora da semana na semana do 27 de novembro ao 3 de decembro, o premio á mellor xogadora do mes de novembro e foi incluída no primeiro equipo das estrelas xunto coa súa compañeira, a defensora Sanni Rantala.
Kärpät
Team Kuortane
TPS
Cuartos de final K-Espoo (1) vs TPS (8) Primeiro partido K-Espoo vs TPS Segundo partido TPS vs K-Espoo Terceiro partido K-Espoo vs TPS
K-Espoo gaña a serie 3 - 0.
HIFK (2) vs Kärpät (7) Primeiro partido HIFK vs Kärpät Segundo partido HIFK vs Kärpät Terceiro partido Kärpät vs HIFK
HIFK gaña a serie 3 - 0.
HPK (3) vs Team Kuortane (6) Primeiro partido HPK vs Kuortane Segundo partido Kuortane vs HPK Terceiro partido HPK vs Kuortane
HPK gaña a serie 3 - 0.
KalPa (4) vs Ilves (5) O KalPa e o Ilves enfrontáronse nos cuartos de final logo de finalizar na cuarta e quinta posición respectivamente. Ao longo da liga regular ambos equipos estiveron sempre igualados, e os catro partidos que disputaron entre eles decidíronse por un único gol de diferenza, cun rexistro favorable para o equipo de Tampere, que gañou tres dos catro encontros.
No primeiro partido partido da serie, disputado en Kuopio, o Ilves adiantouse no marcador no primeiro terzo grazas a unha xogada protagonizada por Johanna Siira e Helen Puputti, quen se encargou de levar o disco máis aló da liña de gol logo dun rebote, a pesar do dominio local nos primeiros compases do partido. As dúas porteiras fixeron un partido moi parello, e Salla Sivula puido neutralizar o xogo da estrela do KalPa, Elisa Holopainen, que aínda así acabou sumando dous puntos de asistencia. No segundo terzo o KalPa igualou o marcador grazas a un gol de Juutilainen. A igualdade mantívose ata o último minuto do terceiro período, cando a defensora do Ilves Anna Kilponen foi sancionada con dous minutos, o que supuxo a superioridade numérica do KalPa, con todo, Kilponen tan só estivo nove segundos no banco das expulsadas logo de que Liisa Kastikainen anotara o que sería o gol da vitoria no minuto 59:04, nunha xogada polémica que foi revisada en vídeo dúas veces e na que a adestradora do equipo de Tampere, Marjo Voutilainen percibiu contactos coa porteira do lince
Segundo partido Ilves vs KalPa Terceiro partido KalPa vs Ilves Cuarto partido Ilves vs KalPa
KalPa gaña a serie 3 - 1.
Semifinais K-Espoo (1) vs KalPa (4) Primeiro partido K-Espoo vs KalPa Segundo partido KalPa vs K-Espoo Terceiro partido K-Espoo vs KalPa
K-Espoo gaña a serie 3 - 0.
HIFK (2) vs HPK (3) Primeiro partido HIFK vs HPK Segundo partido HPK vs HIFK Terceiro partido HIFK vs HPK Cuarto partido HPK vs HIFK
HIFK gaña a serie 3 - 1.
Partido polo bronce Como xa ocorrera na tempada precedente, o HPK (terceiro clasificado da liga regular) e o KalPa (cuarto) enfrontáronse no partido pola medalla de bronce, que se disputou en Hämeenlinna. Do mesmo xeito que un ano atrás, as xogadoras de Kuopio fixéronse coa vitoria e colgáronse a medalla de bronce por segundo ano consecutivo. A primeira liga foi a principal arma do KalPa, especialmente a velocidade de Elisa Holopainen. O partico comezou ben para as de Kuopio, que sorprenderon á porteira do HPK cunha acción individual de Johanna Juutilainen. Logo do gol do KalPa, as xogadoras de Hämeenlinna buscaron o empate, mais un gol de Holopainen oito minutos despois complicaba aínda máis o partido para o equipo local. A pesar de que ao principio do segundo terzo o HPK contou cunha grande ocasión que salvou Tiina Ranne, a situación agravouse pouco despois, cando novamente Holopainen superou a Kassidy Sauve para colocar o 0-3 no marcador, resultado co que se chegou ao terceiro e último período. Durante os últimos 20 minutos de partido o xogo ofensivo do HPK baseouse en accións individuais e non puido crear xogadas en accións de cinco contra cinco. Con todo, a poucos minutos do final Jutta Stoltenberg reduciu distancias, dando esperanzas ás locais, mais o seu gol chegou demasiado tarde e o KalPa acabou celebrando a medalla de bronce.
KalPa gaña o partido pola medalla de bronce.
Finais Por terceiro ano consecutivo o K-Espoo e o HIFK se enfrontaron na final da liga. Nas primeiras primeiras finais entre ambos equipos, disputada en 2021, as xogadoras do equipo de Espoo conseguiron a vitoria, mentres que en 2022 foron as xogadoras de Helsinqui as que alzaron a Aurora Borealis Malja como campioas da Naisten Liiga. As tempadas regulares de ambos equipos foron opostas en canto ás lesións, xa que o equipo de Espoo a penas tivo xogadoras ao longo da competición, mentres que o equipo de Helsinqui tivo a varias xogadoras clave lesionadas ao longo da tempada, se ben chegou ás finais con todas as xogadoras dispoñibles.
O K-Espoo inaugurou o contador de vitorias nas finais logo de impoñerse no primeiro partido na casa por 3-0 ante 436 persoas cunha actuación destacada da súa porteira, Tiia Pajarinen, que realizou 33 paradas. As xogadoras locais comezaron con forza o partido e axiña chegou o primeiro gol, obra de Elsa Talvitie no minuto 7, que entrou con fortuna na portería logo de que o disco rebotara nos patíns da porteira Miia Vainio ás súas costas. Algo máis de 10 minutos despois a defensora Minttu Tuominen ampliou a difernza logo dun potente tiro dende a liña azul. Finalmente, no terceiro terzo Lisette Täks puxo o 3-0 definitivo.
No segundo encontro, disputado na capital, o equipo local conseguiu empatar a serie logo de gañar por 2-0. O partido quedou decidido xa co gol de Clara Rozier no primeiro terzo, mentre que Pauliina Salonen pechou o marcador no último terzo. Como no primeiro partido, a porteira do equipo local, Miia Vainio, tivo unha actuación desetacada con 29 para deixar a súa portería a cero como o día antes fixera a súa homóloga.
O IFK conseguiu romper a vantaxe de campo do K-Espoo logo de impoñerse en Tapiola por 4-2, conseguindo así as de Helsinqui poñerse en vantaxe na eliminatoria antes de regresar a Pirkkola, a pesar de non poder contar coa súa dianteira estrela Michaela Pejzlova. Boa parte do éxito do equipo debeuse á gran actuación da súa porteira Miia Vainio. O equipo da capital adiantouse axiña no marcador grazas a unha xogada de tres contra tres finalizada por Julia Liikala cun disparo á escuadra pouco despois de superarse o minuto de xogo. A situación para o equipo de Espoo non mellorou no segundo terzo, xa que pouco despois de reiniciarse o xogo, o equipo visitante ampliou a renda grazas a un gol de Pauliina Salonen no que a porteira local, Tiia Pajarinen, non puido facer nada ao quitarlle a visibilidade tres xogadoras propias e unha rival. As xogadoras locais non foron quen de aproveitar unha situación de superioridade para abrir o marcador, e non foi ata os últimos momentos cando o K-Espoo inaugurou o marcador xogando sen porteira.
O cuarto partido das seguiu o mesmo guión que os dous anteriores, nos que o equipo capitalino conseguiu a vitoria, cun gol rápido nunha xogada na que Sanni Vanhanen asistiu a Clara Rozier no centro do ataque, que a xogadora francesa resolveu cun disparo xunto o poste. A emoción mantívose ata o final do partido, xa que as xogadoras do K-Espoo conseguiron empatar ata en dúas ocasións, aínda que as xogadoras de Saara Niemi responderon en ambas ocasións con sendos goles.
O IFK tivo como principais referentes ás xogadoras francesas Clara Rozier e Athena Locatelli, así como a dianteira internacional checa Michaela Pejzlova. Rozier foi nomeada despois do partido decisivo das finais como a mellor xogadora dos play-offs logo de rexistrar 14 puntos (7+7) nos 11 partidos que o equipo da capital disputou nas series, incluídos 2 (1+1) no partido decisivo.
HIFK gaña as finais 1 - 3.
Notas Vídeos resumo dos partidos
Referencias
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da Naisten Liiga
Categoría:Naisten Liiga 2023-2024