Aída Patria Mercedes Mirabal Reyes de González, nada en Ojo de Agua o 27 de febreiro de 1924 e falecida en La Cumpre o 25 de novembro de 1960, foi unha mecanógrafa e activista dominicana. Foi unha das irmás asasinadas polo ditador Rafael Leónidas Trujillo.

Traxectoria Recibiu o nome de Patria por nacer o 27 de febreiro, cando se conmemora a independencia do seu país. Desde pequena tivo afección pola pintura. Terminou o ensino intermedio e graduouse en dactilografía no colexio Inmaculada Concepción de la Vega.

Pola súa participación nos esforzos para derrocar o ditador Rafael Leónidas Trujillo Molina, o goberno puxo en poxa pública todas as súas pertenzas campestres e confiscou a casa e as propiedades da familia González Mirabal. Con todo, preocupada polo futuro dos nenos do país, Patria seguía apoiando a súa irmá Minerva nos seus esforzos contra o goberno e opúñase a Trujillo.

Patria foi asasinada a golpes xunto a Minerva e María Teresa, as súas irmás, e Rufino de la Cruz, o condutor do Jeep no que viaxaban o 25 de novembro de 1960 cerca da ponte Marapica, na estrada entre Santiago e Puerto Plata, mentres regresaba ao seu fogar despois de visitar os esposos das súas irmás Minerva e María Teresa na fortaleza de Puerto Plata, onde se atopaban presos por sedición.

Recoñecementos En memoria de Patria e as súas irmás Minerva e María Teresa, cada 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, pola resolución oficial da ONU aprobada pola súa asemblea o 7 de febreiro de 1999.

Vida persoal Casou aos 17 anos con Pedro Antonio González, membro dunha prestixiosa e acomodada familia de terratenientes da rexión do Cibao. Desa unión naceron: Nelson Enrique, Noris Mercedes, e Fidel Raúl Ernesto.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía Biografía das irmás Mirabal Información e imaxes das irmás Mirabal

Categoría:Nados na República Dominicana Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Asasinatos na República Dominicana Categoría:Personalidades sen imaxes