Juan Carlos María Wasmosy Monti, nado en Asunción o 15 de decembro de 1938, é un empresario, enxeñeiro e político paraguaio, que foi presidente do seu país desde o 15 de agosto de 1993 até o 15 de agosto de 1998.
Traxectoria
Orixe familiar A súa familia era de orixe húngara e brasileira.
Carreira política Foi elixido polo Partido Colorado, sendo o primeiro presidente civil despois da presidencia de Alfredo Stroessner (membro do mesmo partido) e o primeiro elixido democraticamente desde 1811. Wasmosy desempeñou un papel no desenvolvemento económico e social do Paraguai, especialmente a través da súa participación na construción da represa hidroeléctrica Itaipú, a maior do mundo naquel momento (superada hoxe polo encoro das Tres Gargantas na China), e foi criticado principalmente por non apoiar reformas democráticas significativas e por manter no seu goberno a antigos colaboradores do réxime anterior, a ditadura militar de Stroessner, participante na Operación Cóndor. Privatizou grandes empresas estatais, como as Lineas Aéreas de Paraguay (LAP), absorvida pola TAM brasileira (hoxe LATAM).
Polémica por corrupción Foi acusado de corrupción política en relación a un escándalo bancario, declarado culpábel en 2002 e condenado a catro anos de cárcere. Foi acusado de transferir 6 millóns de dólares do Instituto de Bienestar Social do goberno a un banco privado no que era accionista. Ningún presidente paraguaio tiña sido declarado culpábel de ningún crime en tempos modernos. A condena foi apelada e a sentenza reducida a fianza e arresto domiciliario. miniatura|300x300px|Wasmosy recibindo a Manuel Fraga en Paraguai en 1995.
Honras O 17 de decembro de 1995 foi condecorado co Grande-Colar da Orde do Infante D. Henrique de Portugal. No mesmo ano, a Xunta de Galicia presidida por Manuel Fraga outorgoulle a Medalla de Ouro de Galicia. Ao ano seguinte, en 1996, recibiu a maior condecoración do Uruguai.
Non puido presentarse á reelección en 1998, seguindo a lei paraguaia, e como expresidente foi nomeado senador vitalicio.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Biografía de CIDOB
Categoría:Políticos de Paraguai Categoría:Presidentes de Paraguai Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Asunción Categoría:Medalla de Ouro de Galicia