Spektr R, tamén coñecido como RadioAstron, foi un observatorio espacial ruso lanzado o 18 de xullo de 2011 a bordo dun foguete Zenit 3F desde o Cosmódromo de Baikonur.
Características Spektr R era un observatorio espacial ruso con participación internacional consistente nun radiotelescopio de 10 m de diámetro cunha órbita moi elíptica e moi elevada arredor da Terra. A función principal do observatorio era facer observacións interferométricas conxuntamente con observatorios en terra para obter imaxes, datos de movemento, evolución e estrutura angular de diferentes obxectos celestes con alta precisión, de ata só 8 microsegundos de arco na lonxitude de onda máis curta na que observaba, 1,35 cm.
O observatorio estivo en funcionamento ata xaneiro de 2019, en que unha avaría fixo que se perdera o contacto e non conseguira restablecerse. En abril deses mesmoano declarouse o fin da misión.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Zenit 3F
Categoría:Observatorios espaciais