Luciano Fariña Couto, nado en Cambados o 13 de xaneiro de 1916 e finado en Pontevedra o 9 de decembro de 2011, foi un funcionario e profesor galego.

Traxectoria Formou parte do Seminario de Estudos Galegos, onde ingresou como membro en febreiro de 1933 coa lectura de ingreso, publicada despois na revista Nós, contando coa colabaración de Xurxo Lorenzo Fernández, baixo o título Tres estacións de arte rupestre da serra do Leboreiro. Foi presidente da Juventud de Acción Católica de Cambados entre os anos 1933 e 1942.

Tras principiar os estudos en 1932 na Universidade de Santiago de Compostela, licenciousue en Filosofía e Letras pola Universidade de Valladolid en 1940 e en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1955, nesta última doutorouse coa tese La legislación de los sínodos diocesanos de Orense en los siglos XV y XVI, sobre los sacramentos del bautismo, penitencia, eucaristía y matrimonio baixo a dirección de Paulino Pedret en 1964, completando previamente os estudos de Graduado Social en 1951 e mais os de Perito Mercantil no ano 1956.

Incorporouse a filas durante a guerra civil española en Valladolid no ano 1937, serviu como administrativo no sanatorio antituberculoso da FET y de las JONS Onésimo Redondo de Valladolid, dirixido polo médico galego Luís de Castro García.

Dedicouse á docencia, comezando esta actividade no ano 1940, dando clases en diferentes institutos de ensino secundario de Galicia, así como profesor axudante na Universidade de Santiago de Compostela durante a década de 1960.

Accedeu ó corpo técnico do Instituto Nacional de Previsión (INP) en 1945, primeiro con destino en Madrid, o ano seguinte en Barcelona, para trasladarse a Ourense en 1947, onde se reencontrou cos membros do Seminario de Estudos Galegos, en 1962 a Santiago de Compostela e no ano 1966 á Coruña. En 1972 foi nomeado administrador de Institucións sanitarias en Pontevedra dependente da Delegación provincial do INP. Como membro da Falange, foi nomeado subxefe provincial do Movimiento Nacional en Ourense no ano 1958, cesou un ano despois, asumindo o posto de director do Taller-Escuela Sindical de Formación Profesional 12 de Octubre de Ourense. Foi tamén concelleiro entre os anos 1960 e 1962 no concello de Ourense.

Vida persoal Fillo de Luis Fariña Gómez, procurador dos tribunais, foi irmán de Luís Fariña Couto. Casou con Francisca Busto Rodríguez en 1945 e foi o pai de Luciano e Francisco Fariña Busto.

Obra Heráldica

Obras colecctivas

Artigos

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados en Cambados Categoría:Finados en 2011 Categoría:Falanxistas Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid Categoría:Personalidades da heráldica Categoría:Personalidades do dereito Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos