Anxo Rodríguez Lemos, nado en Fontes (Baíña, Baiona) o 3 de outubro de 1994, é un profesor e historiador galego.
Traxectoria Estudou no IES Primeiro de Marzo (Baiona) e graduouse en Historia Moderna pola Universidade de Santiago, con Mestrado en Profesorado, Ciencias Sociais e Humanidades. É Doutor en Historia e contratado postdoutoral da Universidade de Santiago, estando en 2024 de estancia na Universidade de Coimbra e previsto no curso seguinte na Universitá degli studi Roma Tre. Tamén no 2024 é profesor do IV Ciclo Universitario para maiores e do departamento de Cursos Internacionais da USC. Fixo unha estadía de investigación en Italia baixo a titoría de Manfredi Merluzzi na Univerità degli Studi Roma Tre como investigador do Arquivo Apostólico Vaticano.
Foi integrado como investigador nos proxectos do Plan Nacional de I+D+i, dirixidos por Ofelia Rey: Culturas urbanas: as cidades interiores no noroeste ibérico, dinámicas e impacto no espacio rural, financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad.
En 2023, con só 28 anos, foi nomeado Cronista Oficial de Baiona: "grazas ao seu traballo, tesón e esforzo, temos ao alcance da man a posibilidade de coñecer o que ocorreu en Baiona ao longo da historia. O seu afán por investigar e a súa obsesión polo dato exacto permitiunos coñecer mellor e poñer luz á historia da nosa vila", en palabras do alcalde. Tomou posesión na Festa da Arribada o 1 de marzo de 2024. Leva recollidos cantares de cego, fotografías antigas, cartas da guerra civil, toponimia etc da contorna de Baiona.
Ten colaborado en Historia de Galicia ("Hei de ir ó Señor San Cosme. A historia dunha romaría do Val Miñor"), Hispania Sacra, Erebea: Revista de Humanidades y Ciencias Sociales, Cousas de: a túa revista.
Obra
Toponimia do Val de Fragoso 5. Comesaña (2018). Universidade de Vigo, Área de Normalización Lingüística. ISBN 978-84-8158-781-4. 226 páxs. Entre aparicións, promesas e romarías: a relixiosidade nos santuarios galegos da Idade Moderna (séculos XVII-XIX) (2023). Concello de Valga, Departamento de Cultura. miniatura|Na exposición en Baiona, 2024
Obras colectivas
Soltando amarras. La costa noratlántica ibérica en la Edad Moderna (2009). ISBN 9788497497503. "La devoción de las gentes del mar en los santuarios de Galicia". Sociedade e pobreza: mecanismos e práticas assistenciais (séculos XVII-XX) (2018). ISBN 978-989-755-383-7. "Por no "thener" con que suplir papel, tinta y plumas: fundaciones escolares en el sudoeste gallego". Inventio Mundi: Galicia nas viaxes transoceánicas : séculos XV-XVII (2019). Consello da Cultura Galega. ISBN 9788417802097. Hacer historia moderna: Líneas actuales y futuras de investigación (2020). ISBN 978-84-472-2207-0. "Fomentar devociones: relatos e imágenes en los exvotos de Galicia". Camiños de Coñecemento e Experiencia 2020 (2021). Coord. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-09-28726-0. "Galicia na prehistoria". As mulheres nos caminhos da história (2021). ISBN 978-989-8963-53-6. "La configuración de un modelo de santidad postridentino: Santa Liberata y sus ocho hermanas: Creer en femenino entre Galicia y Portugal". A la sombra de las catedrales: cultura, poder y guerra en la Edad Moderna (2021). ISBN 978-84-18465-07-9. "Tener fortuna con los santos": categorización de los santuarios de la Galicia moderna". Conflictos y tensiones en las sociedades portuarias del norte peninsular (siglos XVI-XIX) (2022). Universidade da Coruña. ISBN 978-84-9749-855-5. "Cofradías de tierra y mar en litigio ante la Real Audiencia de Galicia (1548-1834)". Conflictos y resistencias en la Edad Moderna: De los hechos a las palabras (2023). ISBN 9788418567520. "Más allá de sagrado. Control y descontrol en las romerías de Galicia (siglos XVII-XIX)". Los hogares de los mares: la familia en la España marítima, siglos XVI-XIX (2023). ISBN 9788490446423. "Entre o mar de fóra y o mar de dentro: las familias en la Galicia marítima a finales de la Edad Moderna". As paisaxes de sal do Ulló (2023). Tempos Arqueólogos SL. ISBN 978-84-09-49856-7. Resistencias campesinas en los espacios rurales de Europa y América en la Edad Moderna (2024). Editado por Rubén Castro Redondo e Pablo F. Luna. Universidad Nacional de La Plata e Universidad de Cantabria.
Tese de doutoramento
Religiosidad local en el Noroeste de la Península Ibérica: cultos populares y lugares santos, siglos XVII-XIX (2022). Universidade de Santiago de Compostela. Dirixida por Ofelia Rey Castelao.
Premios
2022: Premio Ferro Couselo do Concello de Valga por Entre aparicións, promesas e romarías.
Notas
Categoría:Nados en Baiona Categoría:Nados en 1994 Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela