Santa María de Xuvencos é unha parroquia do concello ourensán de Boborás, onde se localiza a cabeceira municipal. Segundo o IGE en 2011 tiña 366 habitantes (169 homes e 197 mulleres).

Xeografía A parroquia está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra. A súa actividade principal é a agricultura, xunto cos servizos derivados da capitalidade –centro de saúde, farmacia, dependencias municipais, bancarias...– e unha certa actividade comercial e de hostalería, cunha casa de turismo rural.

Patrimonio No lugar da Torre, preto do lugar do Penedo de Xuvencos, existiu un castelo, derrubado en 1467 no marco da Gran Guerra Irmandiña.

O templo parroquial, de estilo románico, consta dunha soa nave rectangular modificada na espadana e na ábsida no século XIX. Contén un retablo barroco excepcional así como o cruceiro do Bispo que se atopa á entrada do templo.

A Festa das Mudaciós celébrase o segundo e o terceiro domingo do mes de maio. Consiste na mudanza e intercambio das imaxes da Virxe de Xuvencos e a Santa Sabela que se garda na capela de, que durante unha semana intercambian os seus puntos de domicilio. Cada catro anos báilase nesta festa a danza de Xuvencos. Catro parellas de homes e mulleres solteiros da parroquia celebran o paseo, tres muiñeiras, tres paleados e o entrenzado que se fai arredor dun pau que ten na súa punta a figura dun boneco ó que se lle chama popularmente Xigante. Este danza está vinculada á poderosa Confraría da Virxe que existiu na parroquia e mais á do Rosario de Cameixa, pois ata o céculo XIX a mudación se facía entre Xuvencos e Cameixa.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Xuvencos

Parroquias de Boborás

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Boborás

Categoría:Parroquias de Boborás Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María