Angelo Raffaele Sodano coñecido como Angelo Sodano,A maioría de veces é citado nos medios de comunicación de masas sen o seu segundo nome, ás veces escrito con acento gráfico (p. ex Alfa y Omega; na caixa das Medallas de Galicia tamén aparece acentuado). nado en Isola d'Asti, Piamonte o 23 de novembro de 1927 e finado en Roma o 27 de maio de 2022 por Covid-19 foi un cardeal católico italiano, decano do Colexio Cardeal entre 2005 e 2019 e Secretario de Estado da Santa Sé entre 1991 e 2006. Foi a primeira persoa desde 1828 que exerceu simultaneamente como decano e secretario de Estado.
Traxectoria Foi cardeal secretario de Estado de 1991 a 2006, baixo os dous papas Xoán Paulo II e Bieito XVI. O 27 de abril de 2005, foi elixido para suceder a Bieito XVI como Decano do Colexio Cardeal polos seus compañeiros cardeais bispos. Sodano foi a primeira persoa desde 1828 en servir como Decano e Secretario de Estado ao mesmo tempo.
O 22 de xuño de 2006, Bieito XVI aceptou a dimisión de Sodano como secretario de Estado o 15 de setembro de 2006. Foi substituído por Tarcisio Bertone, entón arcebispo de Xénova.
Abusos O 21 de decembro de 2019, descubriuse que Sodano era quen dirixiu os esforzos para encubrir as denuncias de abuso cando actuaba como Secretarío de Estado. Sodano foi acusado de buscar un acordo para enterrar documentos que detallan os abusos. O mesmo día, o papa Francisco aceptou a renuncia de Sodano como decano do Colexio Cardeal.
Distincións Entre as honras e homenaxes recibidas está a Medalla de Ouro de Galicia en 1999, outorgada pola presidencia da Xunta.
Pasamento Sodano morreu de COVID-19 o 27 de maio de 2022 nun hospital de Roma, Italia, aos 94 anos Vaticano, è morto a 94 anni il cardinale Angelo Sodano
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Cardeal Sodano - "Look Upwards" (en inglés) Perfil | Angelo Sodano, cuando el diablo lleva sotana (elpais.com; en castelán)
Categoría:Bispos católicos de Italia Categoría:Cardeais de Italia Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados pola COVID-19 Categoría:Medalla de Ouro de Galicia