Patricia Iglesias Rey, nada en Carballo en 1978, é unha avogada e política galega.
Traxectoria É licenciada en Dereito pola USC e, en xaneiro de 2005, ingresou no corpo de letrados da Xunta de Galicia traballando para diferentes consellarías. Foi presidenta da Asociación de Letrados da Xunta e, en 2019, foi nomeada Letrada Maior da Asesoría xurídica do Consello de Contas de Galicia.
Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, presentouse como independente no número 1 do PSdeG-PSOE pola provincia da Coruña e saíu elixida deputada. En marzo de 2026 pasou a formar parte da Executiva Nacional do PSdeG como Secretaria de Xustiza e Administración Pública.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia
Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en 1978 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia