Patricio Bocconi Camirani, nado en Pontremoli (Provincia de Massa-Carrara) en 1835 e finado en Pontevedra o 13 de xaneiro de 1878, foi un fotógrafo italiano asentado en Galicia.

Traxectoria Logo de pasar por Murcia, Almería, Alacant e Salamanca, chegou a Galicia na década dos setenta. Instalou gabinete fotográfico en varias cidades galegas e traballou como fotógrafo ambulante noutras vilas gallegas. Dende 1873 viaxou con asiduidade a Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago e estableceu nesas cidades gabinetes fotográficos.En Santiago co seu irmán en 1875. El Diario de Santiago, 27-4-1875, p. 2. Tiña a pretensión de realizar un Álbum de Galicia.El Telegrama, 12-3-1875, p. 2.

A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago concedeulle unha mención honorífica polas súas fotografías no certame científico, artístico e industrial de xullo de 1875. Patricio renunciou publicamente a ela alegando que o premio principal fóille outorgado a un fotógrafo de Santiago que presentou a concurso ampliacións de fotografías.El Telegrama, 16-11-1875, p. 2.

Instalado en Vigo dende 1877, foi o encargado fotografar a chegada de Afonso XII a cidade. Ese mesmo ano participou na Exposición Regional de Lugo,El Diario de Lugo, 18-9-1877, p. 2. e obtivo unha mención de honra. En 1878, aqueixado dunha grave enfermidade, abandonou Vigo e trasladouse a Pontevedra, onde finou aos 43 anos.El Heraldo Gallego, 15-1-1878, p. 1-2. A súa muller María Rodríguez, axudada polo seu fillo Alfredo, fíxose cargo do establecemento fotográfico en Pontevedra.El Heraldo Gallego, 10-6-1878, p. 7.

Vida persoal

Casou en 1860 con María Antonia Rodríguez Valero e foi pai de Alfredo Bocconi Rodríguez. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas La fotografía en Pontevedra de Patricio Bocconi

Los Bocconi: fotografiando el Ourense del siglo XIX

Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados na provincia de Massa-Carrara Categoría:Nados en 1835 Categoría:Finados en 1878