miniatura|200px|Diagrama de SROSS C. Stretched Rohini Satellite Series ou SROSS é o nome dunha serie de satélites indios sucesores dos Rohini adicados principalmente á observación de raios gamma.

SROSS A SROSS A foi o primeiro da serie e estaba deseñado para medir o desempeño do seu foguete lanzador no primeiro voo (un ASLV). Era un satélite estabilizado nos tres eixos e alimentado por paneis solares con instrumentación para monitorizar o lanzamento, cun detector de raios gamma e dous retrorreflectores láser, pero non chegou a órbita por un fallo no lanzamento.

SROSS B SROSS B foi o segundo satélite da serie e estaba enfocado na astronomía de raios gamma. Estaba estabilizado nos tres eixos mediante volantes de inercia e torques magnéticos, así como cun sistema de propulsión mediante hidracina. Estaba alimentado por paneis solares e a bordo levaba o instrumento alemá MEOSS (Monocular Electro Optical Stereo Scanner) e o indio GRB (Gamma-ray Burst Experiment). O satélite non chegou a órbita por problemas no vehículo lanzador, un ASLV.

SROSS C e C2 SROSS B foron o terceiro e cuarto satélites da serie SROSS e tamén os últimos. Eran similares, tiñan unha masa duns 106 kg e tiñan forma de cilindro estabilizado mediante xiro. Usaba un sistema de propulsión mediante hidracina e levaban un detector para raios gamma de entre 20 e 3000 keV e un analizador de potenciais retardados. SROSS C foi enviado a unha órbita máis baixa do previsto por un fallo no lanzamento, durando só 55 días en órbita, e SROSS C2 foi lanzado sen problemas, operando durante catro anos. Ambos engalaron a bordo de foguetes ASLV.

Historial de lanzamentos

Misión Data de lanzamento Foguete lanzador NotasSROSS A24 de marzo de 1987ASLVFalloSROSS B13 de xullo de 1988ASLVFalloSROSS C20 de maio de 1992ASLVFallo parcialSROSS C24 de maio de 1994ASLVÉxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos ASLV Rohini (satélites)

Categoría:Satélites artificiais