SSOT, sigla de Sistema Satelital de Observación Terrestre e tamén coñecido como FASat-Charlie, é un satélite artificial chileno lanzado o 17 de decembro de 2011 a bordo dun foguete Soiuz-ST A desde o Centro Espacial de Kourou.
Características SSOT foi construído por EADS Astrium a encargo do Ministerio de Defensa de Chile usando o bus AstroSat 100. A súa misión é a observación da superficie terrestre en alta resolución con fins tanto militares como terrestres nos campos da cartografía, a xestión agrícola e forestal, a xestión de recursos hidrolóxicos e petroleiros, a resposta rápida en desastres naturais, planificación urbano e outros.
O satélite vai equipado co instrumento NAOMI (New AstroSat Optical Modular Instrument) capaz de obter imaxes cunha resolución de 1,45 m en modo pancromático (escala de grises) e 5,8 m en modo multiespectral (en cor).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Soiuz-ST A Centro Espacial de Kourou
Categoría:Satélites artificiais