Magín Ferreiro Martínez, nado en Paradaseca (Quiroga) cara a 1901, foi un político galego.
Traxectoria
Nas eleccións municipais de 1931 foi elixido concelleiro de Quiroga.BOP Lugo, 6-6-1931, p. 2-3. En 1932 era vogal de Acción Republicana de Quiroga. Foi elixido alcalde de Quiroga en 1933. Tesoureiro da Agrupación de Izquierda Republicana de Quiroga que presidía José Polanco González en 1936.Izquierda Republicana. Galicia Foi destituído o 6 de maio de 1936. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.Expediente de responsabilidade política nº 1/1942 contra Eugenio Vázquez Rodríguez, Manuel López Vila, Manuel Estévez Estévez e outros
Vida persoal
Casou con Juana González Soto e tivo tres fillos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Alcaldes de Quiroga Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Quiroga Categoría:Nados en 1901