Helen Kalvak, nada no ano 1901 en Tahiryuaq e finada o 7 de maio de 1984, foi unha artista gráfica inuit de Ulukhaktok (Territorios do Noroeste, Canadá).

Traxectoria Kalvak naceu en Tahiryuaq, preto do lago homónimo, na illa Victoria, e criouse na zona de Prince Albert Sound. A súa familia tamén pasou algún tempo en Minto Inlet. Viviu seguindo o estilo de vida tradicional inuit durante a maior parte da súa vida. A súa nai era Enataomik. O seu pai Halukhit animou os seus dons espirituais e ensinoulle a ser angatkuq (o equivalente a unha curandeira espiritual na cultura inuit). Aínda que máis tarde se converteu ao cristianismo, Kalvak continuou reflectindo a súa relixión tradicional inuit nas súas obras de arte, xunto coas historias que aprendera cando era nena.

En 1960, Kalvak trasladouse a Holman (actual Ulukhaktok) despois da morte repentina do seu marido, Edward Manayok. Alí, en 1961, axudou a un sacerdote católico romano, o reverendo Henri Tardy, a montar a Holman Eskimo Co-op. Foi nese momento cando Kalvak comezou a súa artística. En 1965, a súa obra de arte pasou a imprimirse e venderse por todo o mundo. e vendida en todo o mundo.

Dez anos máis tarde, en recoñecemento ao seu traballo, Kalvak pasou a formar parte da Real Academia Canadense de Artes. Isto foi seguido en 1978 polo seu nomeamento na Orde do Canadá.Tomic-Bagshaw, Jessica. "Helen Kalvak: Pioneering Inuit Print-maker", en Framing Our Past: Canadian Women's History in the Twentieth Century, S.A. Cook, L.R. McLean, and K. O'Rourke, eds. Montreal: McGill-Queen's University Press. 2001, p. 60. En 1978, Kalvak producira arredor de 2 000 debuxos mais xa non podía usar máis as mans por mor do Párkinson que padecía. Ao ano seguinte, Canada Post utilizou o seu traballo titulado The Dance para o selo postal de 17¢. Con 176 copias publicadas, Kalvak é a artista de Ulukhaktok co maior número de obras publicadas.

No momento da súa morte en 1984, Kalvak era unha das poucas mulleres inuit que quedaban en Ulukhaktok que levaban kakiniit (tatuaxes faciais tradicionais).

En 1984 celebrouse un concurso para cambiar o nome da Escola Ulukhaktok Elihavik e en 1985 foi renomeada como Helen Kalvak Elihakvik.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Helen Kalvak na páxina do Centro Nacional de Arte do Canadá.

Categoría:Nados en 1901 Categoría:Nados nos Territorios do Noroeste Categoría:Finados en 1984 Categoría:Ilustradores do Canadá Categoría:Finados por párkinson