Pamela Rendi-Wagner, nada o 7 de maio de 1971, é unha médica e política austríaca. É a presidenta do Partido Socialdemócrata (SPÖ) desde novembro de 2018.

Traxectoria

Carreira médica Doutorouse en Medicina aos 25 anos, en 1996, cunha tese na Universidade Médica de Viena (Medizinische Universität Wien), en cuxo Instituto de Medicina Tropical traballou como científica especializada en vacinación e epidemioloxía durante máis dunha década.

Carreira política

En Austria Nomeada nova ministra de Sanidade e Muller en marzo de 2017, en decembro do mesmo ano pasou a ser membro do Consello Nacional. Desde outubro de 2018 tamén é a líder parlamentaria do seu partido.

En setembro de 2018, os 16 membros da dirección do SPÖ elixiron por unanimidade ao novo presidente do partido.

É a primeira muller en liderar o SPÖ.

En Europa O 21 de febreiro de 2024 foi nomeada directora executiva do Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades, substituíndo á doutora Andrea Ammon.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1971 Categoría:Políticos de Austria Categoría:Médicos de Austria