Surface Water and Ocean Topography, coñecido tamén pola súa sigla, SWOT, é un satélite conxunto da NASA, o CNES e a Axencia Espacial Canadense lanzado o 16 de decembro de 2022 a bordo dun foguete Falcon 9 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.
Características A misión de SWOT é facer o primeiro estudo global da auga superficial da Terra, medindo con precisión os cambios nos corpos de auga ao longo do tempo. O satélite estudará o 90% da superficie terrestre, incluíndo lagos, ríos, reservas de auga e océanos polo menos dúas veces cada 21 días para mellorar os modelos de circulación oceánica e as predicións meteorolóxicas e climáticas, así como axudar á xestión do auga doce en todo o mundo.
O satélite leva a bordo os seguintes instrumentos: KaRIn (Ka-band Radar Interferometer), un radar de apertura sintética en banda Ka. Poseidon-3C, un altímetro para medir a altura sobre o a superficie mariña. Un radiómetro de microondas para medir a cantidade de vapor de auga ó longo do traxecto do altímetro para corrixir o atraso dos pulsos de radar. DORIS (Doppler Orbitography and Radiopositioning Integrated by Satellite), unha antena para seguimento Doppler e determinar con precisión a órbita do satélite e facer correccións ao altímetro polos efectos da ionosfera. GPSP (GPS Payload receiver), un receptor GPS para determinar a órbita con precisión. LRA (Laser Retroreflector Array), un retrorreflector láser para o seguimento desde estacións en terra para verificación das medicións do altímetro.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Falcon 9
Ligazóns externas SWOT na web da NASA
Categoría:Satélites artificiais