Manuel Camacho Garrote, nado en Córdoba o 8 de xuño de 1993, é un árbitro de fútbol español, que milita na Primeira División RFEF.

Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol na UD Sur da súa cidade natal. Interesado xa pola arbitraxe, ao estar federado como xogador non podía dirixir partidos de fútbol, polo que actuou como árbitro de fútbol sala durante dous anos. Ao deixar de xogar ao fútbol herba pasou a arbitrar nesa superficie e foi subindo polas diferentes categorías rexionais andaluzas, ata chegar á Terceira División na tempada 2018/19. En 2021 conseguiu o ascenso á Segunda División RFEF, onde permaneceu só un ano, ao lograr un novo ascenso en 2022, desta vez á Primeira División RFEF.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do árbitro en BDFutbol .

Categoría:Nados en Córdoba Categoría:Nados en 1993 Categoría:Árbitros de fútbol de España Categoría:Personalidades sen imaxes