O islam (en , ) ou islamismo é unha relixión monoteísta abrahámica cuxo dogma baséase no libro do Corán, o cal establece como premisa fundamental para os seus crentes que «Non hai máis deus que Alá e que Mahoma é o último mensaxeiro de Alá».. A palabra árabe Allah, galeguizada como Alá, significa Deus e a súa etimoloxía é a mesma da palabra semítica El (אל), coa que se nomea a Deus na Biblia. Os eruditos islámicos definen ao islam como: «A submisión a Deus o Altísimo a través do monoteísmo, a obediencia e o abandono da idolatría».Al-Uzaimin, Muhammad Ibn Saalih (1997) p. 116. O libro sagrado do islam é o Corán,. ditado por Alá a Mahoma a través de Yibril (o Arcanxo Gabriel). Os seguidores do islam denomínanse musulmáns (do árabe muslim مسلم, 'que se somete'). Testemuñan que Mahoma é o último dos profetas enviados por Deus e selo da Profecía..
O islam, á semellanza do xudaísmo e do cristianismo, descende da tradición relixiosa do patriarca bíblico Abraham, e é clasificado como unha relixión abrahámica. O islam non nega o xudaísmo nin o cristianismo senón que considera esas relixións monoteístas como parte da súa herdanza e consideran que Adán foi o primeiro musulmán. Ademais do Corán, os musulmáns de tradición sunnita seguen así mesmo os hadices e a sunna do profeta Mahoma, que conforman o Rexistro histórico das accións e os ensinos do Profeta. Aceptan como libros sagrados a Torá (o Antigo Testamento dos cristiáns), os Libros de Salomón e os Evanxeos (o Novo Testamento). Teñen como profetas, entre outros, a Adán, Noé, Abraham, Moisés, Salomón e Xesús.
En 2010 calculábanse en case 1600 millóns de seguidores do islam que son maioría en 49 países, arredor dun 87/90% dos musulmáns son sunnitas e o 10/13% xiítasPew-Templeton Global Religious Futures Project . Segundo o Vaticano, o islam (conxuntamente con todas as súas ramificacións) é a relixión máis estendida do mundo, xa que recentemente superou o número de católicos,Afirmou o monseñor Vittorio Formenti nunha entrevista co xornal vaticano L'Osservatore Romano. «Por primeira vez na historia, xa non estamos na cima: os musulmáns alcanzáronnos». «El Vaticano reconoce que por primera vez el islam tiene más fieles que los católicos» e a segunda relixión do mundo se se súmase o número de fieis das distintas confesións do cristianismo.
O islam xurdiu coa predicación de Mahoma no ano 622 na Meca (na actual Arabia Saudita). Baixo o liderado de Mahoma e os seus sucesores, o islam estendeuse rapidamente. Existe discrepancia entre os musulmáns e non musulmáns de se se estendeu por imposición relixiosa ou militar, ou por conversión dos pobos ao islam. As ensinanzas de Mahoma están contidos no Corán, ou Alcorán (Qur'an, "recitación" en árabe). Os musulmáns acreditan que Mahoma recibiu estas ensinanzas de Alá (a palabra árabe para Deus), por intermedio do anxo Xibreel (Arcanxo Gabriel) que Mahoma despois recitou para que outros pasasen a escrito, xa que era analfabeto segundo considera a tradición islámicaRichard Bell (1988) Introducción al Corán. Encuentro, p. 43-46 (edición orixinal en inglés de 1970 de Edinburgh University Press), converténdose no mensaxeiro do islamSuleyman Eris (2006) Islam: Belief and Practice : a Brief Guide Somerset:Tughra Books, p. 5. Alén do Corán, inclúense entre os conceptos e prácticas relixiosas os piares do islam, cinco para os sunnitas: profesión de fe (non hai máis deus que Alá e Mahoma é o seu profeta), orar cinco veces por día, a esmola, o xaxún no Ramadán e a peregrinación á Meca que os xiítas imamís inclúen entre as derivacións da fe xunto con outras prácticas; os ditos e accións de Mahoma tal como se recolle no corpus dos hadith, distintos segundo a tradición sunnita e a xiíta e que para os sunnitas conforman a sunna, que clarifican e explican as ensinanzas de Mahoma e que forman o Rexistro histórico das accións e as ensinanzas do Profeta.
Ao contrario do xudaísmo e do cristianismo, o islam non atravesou un período de gran reforma ou reformulación fundamental.
Para a maioría dos musulmáns o islam non é só unha relixión senón un xeito de vida, un sistema que dá instrucións que se relacionan con todos os aspectos da actividade humana, sexan políticos, sociais, financeiros, legais, militares ou interpersoais pero entre os crentes hai diversos graos de observancia, para uns é un asunto privado mentres para outros é a base de todo o seu sistema de relacións .
Etimoloxía e significado A palabra Islām, da raíz trilítera s-l-m, deriva do verbo árabe aslama, que significa literalmente ‘aceptar, renderse ou someterse‘.Islám no EtymOnLine Así, o islam representa a aceptación e sometemento ante Deus. Os fieis deben demostrar a súa submisión venerándoo, seguindo estritamente as súas ordes e abolindo o politeísmo. En palabras do arabista Pedro Martínez Montávez:
A palabra está dada por numerosos significados no Corán. Nalgúns versículos (ayat آيات ʾāyātun), a calidade do islam como unha convicción interna é acentuada: «A quen queira que Deus se desexe dirixir, el ampliará o seu peito ao islam». Outros versos conectan a palabra islām e dīn (traducido usualmente como 'relixión' ou 'fe'): «Hoxe, perfeccionei a súa relixión (dīn) para vostede; completei a miña bendición sobre vostede; aprobei o islam para a súa relixión.» Aínda, algunhas faccións describen o islam como unha acción de devolver a Deus, máis que soamente unha afirmación verbal de fe.
Con frecuencia confúndense os significados de palabras ou termos como árabe, musulmán, islámico e islamista, que teñen significados distintos; para aclarar os significados destas palabras poden consultarse diversas referencias bibliográficas.Diferencia entre árabe, musulmán, islámico e islamista. Traducinando (blog), 23 de outubro de 2013,Árabe no es islámico o musulmán. Fundéu, Fundación del español urgente, 30 de abril de 2007,Islámico e islamista, diferencia. Fundéu, Fundación del español urgente, 4 de febreiro de 2011 Doutrina do islam miniatura|Musulmáns rezando en Bahrain Xiíta A teoloxía xiítas contén cinco principios da relixión coñecida como Principios da relixión e ademais dos tres dos sunnitas cren noutros dous, é dicir: Tawhid (Monoteísmo), Nubuwwah (Profecía), Maad (O Día da Resurrección), Imamah (Liderado), Adl (Xustiza). A Unicidade de Deus Tawhid Na cosmovisión islámica a crenza máis importante é a crenza nun Deus Único. Nubuwwah significa Profecía " Deus elixiu algunhas persoas para guiar os seres humanos, a tales persoas deu o título de mensaxeiros. Imamah (Imanato) significa Liderado e Tutela, xa sexa nos asuntos relixiosos ou mundanais sobre as persoas, en sucesión ao Profeta do islam. Adl (Xustiza) Os xiítas cren que hai un ben intrínseco ou un mal nas cousas, e que Deus lles manda facer as cousas boas e lles prohibe as malas. Yaum al-Qiyamah, Día da Resurrección, é a crenza na resurrección dos mortos e a vida logo da morte, unha das crenzas relixiosas fundamentais e en especial do islam.
Sunní Segundo a opinión sunnita a doutrina islámica ten cinco alicerces na súa fe que forman parte das accións interiores dos musulmáns. Os alicerces principais son:
A shahada (profesión de fe), é dicir, aceptar o principio básico de que só hai un Deus e que Mahoma é o último dos seus profetas. A oración. O zakat ou azaque (traducido ás veces como esmola), é dicir, compartir os recursos cos necesitados. O xaxún no mes de ramadán. A peregrinación á Meca (para quen poida) polo menos unha vez na vida.
Aos cinco alicerces da concepción sunnita engaden algúns o sexto alicerce do xihad ou esforzo na defensa da fe. En termos estritamente relixiosos, enténdese fundamentalmente como un esforzo espiritual interior de cada crente por vivificar a súa fe e vivir de acordo con ela. A isto chámaselle xihad maior, mentres que existe unha xihad menor que consiste en predicar o islam ou defendelo dos ataques. Deste último concepto nace a idea de xihad como loita ou guerra, que se popularizou en todo o mundo.
Ademais, conforme ao Corán todos os musulmáns teñen que crer en Deus, nos seus anxos, nos seus libros, nos seus profetas, na predestinación e na próxima vida. Deus
miniatura|Medallón mostrando a palabra Allah. En Santa Sofía, Istanbul (Turquía). A crenza na existencia de Deus é un principio común entre todas as doutrinas divinas, e basicamente, a diferenza substancial e fundamental entre unha persoa relixiosa -calquera sexa a doutrina que practique e un individuo materialista, radica nesta cuestión.
Deus no Corán noméase a si mesmo como Allah, nome derivado da raíz semítica El. Aínda que o termo é coñecido en Occidente como referencia ao Deus musulmán, para os falantes do árabe (de calquera relixión, incluídos cristiáns e xudeus) emprégase como referencia a "Deus"."Allah." Encyclopædia Britannica. 2007. Encyclopædia BritannicaEncyclopedia of the Modern Middle East and North Africa, AllahColumbia Encyclopedia, Allah A crenza en Deus dentro do islam consiste en catro aspectos: Na súa existencia. Isto é o primeiro da guía do Creador ao seu servo, posteriormente polas evidencias do instinto natural do ser humano, a razón, os sentidos, os signos da creación e como proba principal; os textos sagrados.Al Ashqar (2003a) p.95 En que El é o único, nos seus actos e no dominio deste Universo, é dicir: O único Creador, Sustentador, Soberano etc. En que El é a única divindade e sustentador das calidades divinas, polo tanto soamente El é o merecedor da adoración. Nos seus nomes e atributos: Consiste en afirmar de Deus o que afirmou de Si mesmo no Corán ou a través do profeta Mahoma, sobre os seus nomes e atributos divinos, sen distorsión, negación, ou asemellalo a algo deste mundo.Al-Uzaimin, Muhammad Ibn Saalih (2006) p. 10.Al Ashqar, Omar Sulaiman (2003a).
Dado que se trata do mesmo Deus dos cristiáns e xudeus, as calidades que os musulmáns lle atribúen son basicamente as mesmas que lle atribúen aqueles, pero hai diferenzas considerables. É salientable, con todo, que o islam, á semellanza do xudaísmo pero afastándose do cristianismo, insiste na súa radical unidade (tawhid), ou sexa, que é un e non ten diversas persoas (como afirma en cambio a maioría das correntes cristiás co dogma da Trindade) no seu carácter incomparable e irrepresentable.
O islam refírese a Deus tamén con outros noventa e nove nomes, que son outros tantos epítetos referidos a calidades de Deus, tales como O Clemente (Al-Rahmān), O Apreciadísimo (Al-'Azīz), O Creador (Al-Jāliq). O conxunto dos 99 nomes de Alá recibe en árabe o nome de al-asmā' al-husnà ou ‘os máis belos nomes‘, algúns dos cales foron utilizados así mesmo por cristiáns e xudeus ou designaron a deuses da Arabia preislámica. Algunhas tradicións afirman que existe un centésimo nome que permanece incognoscible, que é obxecto de especulacións místicas, e que se define nalgunhas ocasións como o Nome Inmenso (ism al-'Azam), ou como o Nome da Esencia, figura que existe igualmente no xudaísmo, e que ha ter unha grande importancia no sufismo. Outras veces, utilízase simplemente a palabra rabb (señor).
Mahoma dixo que Deus tiña 99 nomes; neste versículo do Corán menciónanse algúns:
Monoteísmo contra politeísmo Monoteísmo"Monotheism", Britannica, 15th ed. (1986), 8:266. segundo o islam significa a crenza na Unidade de Deus en todos os conceptos. El é Un en esencia. El é o Único Creador. El é o Único que dirixe o mundo. Soamente El merece a adoración e veneración. E El é Un en moitos outros aspectos.