The Crown é unha serie de televisión británica-estadounidense que trata sobre o reinado da raíña Isabel II do Reino Unido. A serie foi creada e escrita principalmente por Peter Morgan e producida por Left Bank Pictures e Sony Pictures Television para Netflix. Morgan desenvolveu a serie baseándose no seu filme The Queen (2006) e na súa obra de teatro The Audience (2013), que tamén se centran na vida de Isabel II.
A serie consta de seis tempadas, que abranguen case seis décadas, comezando pouco antes da voda da princesa Isabel e Philip Mountbatten en 1947, e rematando coa voda do príncipe Carlos e Camilla Parker Bowles de 2005. O elenco principal da serie cambiou cada dúas tempadas; Isabel, por exemplo, foi interpretada por Claire Foy na primeira e segunda tempada, Olivia Colman na terceira e cuarta e Imelda Staunton na quinta e sexta.
Episodios Tempada Episodios Emisión orixinal 1 10 4 de novembro de 2016 2 10 8 de decembro de 2017 3 10 17 de novembro de 2019 4 10 15 de novembro de 2020 5 10 9 de novembro de 2022 6 10 16 de novembro de 2023
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2016 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2023 Categoría:Series de televisión do Reino Unido Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América