A connelita é unha especie mineral rara, un clorosulfato de cobre hidratado, de fórmula química Cu19(OH)32(SO4)Cl4·3H2O, que cristaliza no sistema hexagonal.

Preséntase como penachos de cristais aciculares moi delicados dunha fina cor azul, e asóciase a outros minerais de cobre de orixe secundaria, como a cuprita e a malaquita.

A súa aparición en Cornualla foi observada por Philip Rashleigh en 1802, e foi examinada quimicamente por primeira vez polo profesor de Edimburgo Arthur Connell en 1847, de quen recibe o nome.

A localidade tipo é Wheal Providence en Carbis Bay en Cornualla.Connellite: Connellite mineral information on Mindat.org Fóra de Cornualla atopáronse en máis de 300 lugares do mundo, incluíndo Almería, Badaxoz, Castelo Branco, Namaqualand en Suráfrica, Bisbee en Arizona (Estados Unidos de América) e Neuquén na Arxentina.

centro|miniatura|350x350px|Estrutura cristalina de Connellita: Código de cores: Cu: cobre, S: oliva, O: vermello, Cl: verde; Célula: maxenta

Notas

Véxase tamén

Cristal Cristalografía Sulfato de cobre (II)

Categoría:Minerais