miniatura|dereita|thumbtime=36|Tráiler de Key Largo. Key Largo é unha película estadounidense de 1948 coescrita e dirixida por John Huston, e protagonizada por Humphrey Bogart, Edward G. Robinson, Lauren Bacall, Lionel Barrymore e Claire Trevor. Está baseada na obra de teatro homónima de Maxwell Anderson, estreada en Broadway o 27 de novembro de 1939. Key Largo foi a cuarta e derradeira película que amosaba á parella de actores casados Bogart e Bacall, despois de To Have and Have Not (1944), The Big Sleep (1946) e Dark Passage (1947).

Trama O filme narra a violenta estancia dun grupo de gánsteres retidos nun hotel da costa de Florida por unha forte tormenta. Alí o "rei dos gánsters", Johnny Rocco (Edward G. Robinson), agóchase facéndose o amo do lugar e retendo a punta de pistola a Nora Amorne (Lauren Bacall), dona do hotel, ao seu sogro inválido (Lionel Barrymore) e ao veterano de guerra Frank McCloud (Humphrey Bogart). Con Rocco, está a súa noiva (Claire Trevor), que é unha cantante en época de decadencia. McCloud é o único home capaz de facer fronte ao belixerante Rocco. Pero a realidade do mundo despois da guerra fixo que o desilusionado ex-oficial do exército perdese as ganas de loitar.

Elenco Humphrey Bogart é Frank McCloud. Edward G. Robinson é Johnny Rocco/Howard Brown. Lauren Bacall é Nora Temple. Lionel Barrymore é James Temple. Claire Trevor é Gaye Dawn. Thomas Gomez como Richard "Curly" Hoff. Marc Lawrence como Ziggy. Dan Seymour é Ángel García. Monte Blue é Sheriff Ben Wade. William Haade como Ralph Feeney.

Sen acreditar Jay Silverheels é John Osceola. Rodd Redwing é Tom Osceola.

Produción O guión difire da obra de teatro, onde os gánsteres son bandidos mexicanos e Frank morre ao final.

As escenas do furacán foron aproveitadas dunha película anterior: Night Unto Night, un melodrama protagonizado por Ronald Reagan que produciu Warner Bros. en 1948.

O barco do final do filme chámase Santana, que era tamén o nome do veleiro de Bogart na vida real.Meyers, Jeffrey. Bogart: A Life in Hollywood. Londres: Andre Deutsch Ltd., 1997. ISBN 0-233-99144-1, p. 236.

Recoñecementos O American Film Institute nomeou no ano 2003 ao personaxe de Johnny Rocco para a lista 100 anos de AFI... 100 heroes e viláns, e en 2008 á película ao AFI's 10 Top 10 na categoría de "películas de gánsteres".

Premios Óscar

Claire Trevor, quen interpretou á cantante alcohólica Gaye Dawn, recibiu o premio Óscar á mellor actriz secundaria na 21.ª cerimonia dos Premios Óscar. Categoría Persoa Resultado Mellor actriz secundaria Claire Trevor

Referencias

Categoría:Filmes de 1948 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Huston