O Real Oviedo é un equipo de fútbol da cidade de Oviedo (Asturias), fundado no 26 de marzo de 1926 da fusión de dous clubs que mantiveran pugna durante anos na cidade: o Real Stadium Club Ovetense e o Real Club Deportivo de Oviedo. É Sociedade anónima deportiva dende 1992 e o seu primeiro e máis emblemático presidente foi Carlos Tartiere.
Xogou durante 38 tempadas na Primeira División e 32 en Segunda División, e as súas cotas máximas foron tres terceiras posicións en Primeira División, unha Copa da Liga de Segunda División en 1985 e xogar a Copa da UEFA en 1991. Ademais, foi o primeiro equipo asturiano en xogar en Primeira, en 1933.
Actualmente xoga na Segunda División Española e o seu estadio, o novo Carlos Tartiere (c/ Ricardo Vázquez Prada, s/n 33013 Oviedo) con 30.500 localidades de asento, é o máis impresionante desa categoría debido a que se construíu mentres o equipo estaba en Primeira. Pese ao descenso no número de espectadores, a afección non abandonou completamente o seu equipo, establecendo o récord de socios (12.700) e de asistentes (27.000) a un partido de Terceira División, así como o de desprazados para un partido de devandita categoría en campo alleo (máis de 4.000).
Historia recente O Real Oviedo logrou sobrevivir no verán de 2003 a un dobre descenso, primeiro deportivo a Segunda B e máis tarde *administrativo a Terceira (debido ás denuncias dos seus xogadores por falta de pagamentos, que os mesmos non quixeron retirar pese a ofrecer o club garantías de pago); e á oposición por parte do Concello da cidade á xestión da dirección do club e á subseguinte loita polo control da entidade deportiva. Esta situación acabou coa refundación do Club Astur como Oviedo ACF patrocinada polo Concello.
En calquera caso, o equipo azul estivo marcado nos últimos anos por un cúmulo de desgrazas tanto deportivas como extradeportivas. Así, é duro para todos os afeccionados recordar como nos últimos anos faleceron dous xogadores do primeiro persoal, os recordados Petr Dubovsky e Armando Barbón, ambos en tráxicos accidentes. Ou como en xuño de 2004 o Real Oviedo non puido superar ao Atlético Arteixo na final da fase de ascenso a Segunda División B, un ascenso que significaría un enorme paso adiante na normalización da situación do club.
A fase de ascenso a Segunda B resólvese en 2005 coa vitoria do Oviedo fronte ao Coruxo Fútbol Club de Vigo e posteriormente contra o Real Ávila por 1-5 e 2-0.
A asemblea celebrada o 12 de xullo de 2005, nomea un novo Consello de Administración presidido por Juan Mesa. Ofrecéndose dous postos nel á Asociación de Penas Azuis, que os rexeita por non poder recompilar suficiente número de delegacións de accións.
Na tempada 2010–11 o Real Oviedo empezou o campionato de Segunda División B moi irregular perdendo bastantes partidos, supoñendo o despido do adestrador Pichi Lucas en novembro, sendo substituído por José Manuel Martínez. Na segunda volta as cousas seguiron igual, e o colmo foi a derrota en casa contra o Sporting de Gijón B por (0–1) en febreiro. Isto supuxo o cesamento do técnico e a súa substitución por José Rojo Martín "Pacheta", co cal se obtiveron bastantes vitorias e remataron a campaña en 8º posición, o que lles deu a posibilidade de xogar a Copa do Rei na tempada 2011–12.
Datos do club Tempadas en 1ª: 38 Tempadas en 2ª: 39 Tempadas en 2ªB: 9 Tempadas en 3ª: 4 Socios: 20.000
Historial na liga TempadaDivisiónPostoCopa do Rei19292ª7º1929/302ª511/4 de final1930/312ª8º1931/322ª2º1932/332ª1º1933/341ª6ºSemifinais1934/351ª3º1935/361ª3º1940/411ª8º1/4 de final1941/421ª11º1942/431ª6º1943/441ª4º1944/451ª4º1/4 de final1945/461ª5ºSemifinais1946/471ª8º1947/481ª9º1948/491ª5º1949/501ª14º1/4 de final1950/512ª6º1951/522ª1º1/4 de finalTempadaDivisiónPostoCopa do Rei1952/531ª9º1953/541ª15º1954/552ª2º1955/562ª2º1956/572ª4º1957/582ª1º1958/591ª11º1959/601ª6º1960/611ª13º1961/621ª10º1962/631ª3º1963/641ª14º1964/651ª15º1965/662ª4º1966/672ª5º1967/682ª6º1968/692ª11º1969/702ª7º1970/712ª14º1971/722ª1ºTempadaDivisiónPostoCopa do Rei1972/731ª12º1973/741ª18º1974/752ª1º1975/761ª16º1976/772ª5º1977/782ª17º1978/792ªB2º1979/802ª11º1980/812ª10º1981/822ª16º1982/832ª12º1983/842ª13º1984/852ª16º1985/862ª8º1986/872ª14º1987/882ª4º1988/891ª12º1989/901ª11º1990/911ª6º1991/921ª11º TempadaDivisiónPostoCopa do Rei1992/931ª16º1/4 de final1993/941ª9º1/4 de final1994/951ª9º1995/961ª14º1996/971ª17º1997/981ª18º1998/991ª14º1999/001ª16º2000/011ª18º2001/022ª7º2002/032ª21º2003/043ª1º2004/053ª1º2005/062ªB7º2006/072ªB19º2007/083ª1º2008/093ª1º2009/102ªB2º2010/112ªB8ºSegunda rolda2011/122ªB6º1/16 de finalTempadaDivisiónPostoCopa do Rei2012/132ªB3ºSegunda rolda2013/142ªB5ºPrimeira rolda2014/152ªB1º1/16 de final2015/162ª9º1/32 de final2016/172ª8ºSegunda rolda2017/182ª7ºSegunda rolda2018/192ª8ºSegunda rolda2019/202ª15ºPrimeira rolda2020/212ª13ºSegunda rolda2021/222ª7ºPrimeira rolda2022/232ª8º1/16 de final2023/242ª
Xogadores Categoría principal: Xogadores do Real Oviedo. Cadro actual Datos do 12 de xaneiro de 2020.
Xogadores históricos Isidro Lángara Oli Toni Cuervo Viktor Onopko Esteban Andrés Suárez Peter Dubovsky Dely Valdés
Estadio
O seu estadio é o Carlos Tartiere, inaugurado o 20 de setembro de 2000, con capacidade para 30.500 persoas.
Himno do Real Oviedo Es Oviedo ciudad de abolengo que ha tenido siempre a galardón en el fútbol ser de los primeros con equipos de gran tradición.
Jugadores que honraron a Oviedo y a España le dieron gran fama Jugadores de mucha solera con Orgullo, Valor y Garra.
¡Hala Oviedo!, adelante Con valor y pundonor Siempre gana quien más pone si se juega con pasión.
El Oviedo ha de ganar no decaiga la afición Animemos al Oviedo en esta competición.
¡Hala Oviedo!, adelante Con codicia y con tesón No desmayes, juega siempre como juega un campeón.
Escoitar himno:
Adestradores Categoría principal: Adestradores do Real Oviedo. 1926-27: F.B. Petland 1927-28: Frank Burton 1928-30: Anton Fibver 1930-31: Patrick O'Connell 1931-33: Vicente Tonijuán 1933-35: Emilio Sanpere 1935-36: José María Peña 1940-41: Cristóbal Martí Batalla 1941-42: Óscar Álvarez González 1942-47: Manuel Meana Vallina 1947-48: Francisco Gamborenea 1948-50: Juan Urquizu Sustaeta 1950-51: Patricio Caicedo Liciaga 1951-54: Luis Urquiri 1954-55: Domingo Balmaya Parera 1955: Óscar Álvarez González 1955-56: Luís Casas Pasarín 1956-57: Eduardo Toba Muiño 1957: Fernando Argila Pazzaglia 1957–1959: Abel Picabea Allero 1959: Luís Casas Pasarín 1959–1960: Fernando Argila Pazzaglia 1960–1961: Sabino Barinaga Alberdi 1961–1962: Álvaro Pérez Vázquez 1962: Antón Sánchez Valdés 1962–1963: Juan Ochoantesana Milicua 1963–1964: Enrique Orizaola Velázquez 1964: Eduardo Toba Muiño 1964–1965: Enrique Martín Navarro 1965: Luis Diestro Saiz 1965–1966: Francisco Antúñez Espada 1966: Antón Sánchez Valdés 1966–1967: Juan Rodríguez Aretio 1967–1968: Juan Ochoantesana Milicua 1968: Toni Cuervo 1968–1969: Ramón Cobo Antoranz 1969: Pedro Eguiluz Lamarca 1969–1970: Enrique Casas Cabo 1970: Horacio de Leiva Río 1970–1971: José María García 1971: Toni Cuervo 1971–1973: Eduardo Toba Muiño 1973–1974: Sabino Barinaga Alberdi 1974–1976: Vicente Miera Campos 1977–1978: Manuel Ruiz-Sosa 1978: Sabino Barinaga Alberdi 1978–1979: Eduardo Gómez García Barbón, "Lalo" 1979: Luis Diestro Saiz/José María García Lavilla 1979–1981: Nando Yosu 1981–1982: José Victor Rodríguez 1982–1983: José María García Lavilla 1983–1984: Luis Costa Juan 1984–1986: José Luis Romero Robledo 1986: Antonio Ruiz Cervilla 1986–1987: José Carrete Julián 1987–1989: Vicente Miera Campos 1989–1993: Javier Irureta 1993–1995: Radomir Antić 1995–1996: Ivan Brzic 1996–1997: Juan Manuel Lillo 1997: José Antonio Novo 1997–1998: Óscar Tabárez 1998–1999: Fernando Vázquez 1999–2000: Luis Aragonés 2000–2001: Radomir Antić 2001–2003: Enrique Marigil 2003: Vicente González Villamil 2003: Miguel Sánchez 2003–2006: Antonio Rivas Martínez 2006–2007: Antonio Velázquez 2007: Ramiro Solís 2007: Ismael Díaz 2007–2008: Lobo Carrasco 2007–2008: Fermín Álvarez 2008–2010: Julio Raúl González 2009–2010: Fermín Álvarez 2010–2011: Pichi Lucas 2010–2011: José Manuel Martínez 2011–2012: Pacheta 2012–2013: Félix Sarriugarte 2013-2014: José Carlos Granero 2014: Roberto Robles 2014-2016: Sergio Egea 2016: David Generelo 2016-2017: Fernando Hierro 2017-2019: Juan Antonio Anquela 2019: Sergio Egea 2019-2020: Javi Rozada 2020-2022: José Ángel Ziganda 2022: Jon Pérez Bolo 2022-2023: Álvaro Cervera 2023-: Luis Carrión
Presidentes 1926–1950: Carlos Tartiere 1950–1952: Pedro Miñor Rivas 1952–1954: José Díaz Sánchez 1954–1961: Francisco Silvela López 1961–1967: José María Velasco Álvarez 1967–1971: Enrique Rubio Sañudo 1972–1977: José María Velasco Álvarez 1977: Jaime Estrada Pérez 1977–1979: Jesús Riesco Morán 1979–1984: Daniel García Yagüe 1984–1988: José Manuel Bango Fuente 1988–2002: Eugenio Prieto Álvarez 2002–2005: Manuel Lafuente Robledo 2005–2007: Juan Mesa Gil 2007: Antonio Fidalgo 2007: Miguel Cano 2007–2011: Dámaso Bances 2011–: Alberto González López 2012-2013: Antonio Fidalgo 2013-2014: Sabino López 2014-2022: Jorge Menéndez Vallina 2022-: Martín Peláez
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial do club Real Oviedo no oficial web Punto de encontro oviedista en Internet* Magazine Oviedista Real Oviedo
Categoría:Real Oviedo