Damaraland ou Damaralandia (neoloxismo de orixe alemá: terra de damaras) foi, desde finais do século XIX até finais da Primeira guerra mundial, o norte da rexión central do suroeste da África alemá.
Extensión e historia do nome A rexión denominada Damaraland coincidía co territorio habitado pola etnia herero, xente que no século XIX era xeralmente coñecida polos europeos como "damaras".O nome en alemán Damaraland incorporouse á maioría de linguas con esa forma. Porén, en castelán e portugués foi adaptado como Damaralandia/Damaralândia. Véxase 'Fernandes, Ivo Xavier (1941). Topónimos e Gentílicos I. Porto'; Na literatura portuguesa o nome aparece ás veces aplicado a toda a colonia alemá do suroeste de África. Tamén se aplica o xentilicio e o adxectivo en rato toupeira damaralense.
A rexión tiña fronteiras imprecisas, quedando limitada ao norte por Ovambolandia, ao oeste polo deserto do Namib, ao leste polo deserto do Kalhaari e ao sur pola rexión de Windhoek.
O nome quedou en desuso co fin da presenza alemá no suroeste de África, pero foi retomado na década de 1970 polo réxime do apartheid surafricano, que iniciou a creación dun bantustán chamado "Damaraland" destinado a ser "estado autónomo" do país da xente damara. Con este obxectivo, en 1980 creouse un goberno local e iniciáronse os cambios institucionais necesarios para constituír o novo ente político. O bantustán proxectado de Damaralandia estaba situado no extremo litoral occidental do territorio que se coñecía con ese nome no s. XIX, cunha extensión moito menor que o territorio histórico.
O novo Damaraland, como todos os outros bantustanes proxectados do suroeste de África, foi abolido en maio de 1989, ao comezo do proceso de transición que levou á independencia de Namibia.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Apartheid Rata toupa damaralense
Ligazóns externas
Vingerclip Rock Formation, Damaraland, Namibia
Categoría:Bantustáns Categoría:Historia de Namibia