María Luz Vidal Sanjuán, nada en Fene o 23 de abril de 1914 e finada en Santa Comba o 22 de setembro de 2001, foi unha mestra galega. Recibiu a Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio.

Traxectoria En 1944 é destinada como mestra primeiro á escola de Arantón e en 1973 pasaría a formar parte do cadro de profesores do Colexio Público Barrié de la Maza. Xubilouse en 1983 despois de 39 anos como docente en Santa Comba. Recoñecementos

En 1996 sería condecorada polo rei Xoán Carlos I coa Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio por todos os seus anos de dedicación á docencia.

Vida persoal

Casou co mestre José Gómez Rubio.

Notas

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Nados en 1914 Categoría:Nados en Fene Categoría:Finados en 2001 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes