Francisco Alberto Pombo Añón, máis coñecido como Alberto Pombo, nado en Loureda en 1985, é un profesor, fotógrafo, músico e escritor galego.

Traxectoria Licenciouse en Filoloxía Galega na Universidade da Coruña, é doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios con mestrados en Pedagoxía e en Literatura, Cultura e Diversidade. Foi profesor de Historia da Galiza e de Literatura Galega na Universidade de Estremadura ocupándose da xestión cultural do Centro de Estudos Galegos, entre 2010 e 2014, e integrando o grupo de investigación LEPOLL.. É profesor de no IES Rafael Dieste da Coruña.

Obtivo unha residencia creativa na Writers House of Georgia en 2017. Impartiu palestras e cursos en diferentes facultades de Austria, do Brasil, da China, do Estado español, de Irlanda e Portugal. É membro do Grupo Illa de Investigación Lingüística e Literaria da Universidade da Coruña.

Ten publicado obra gráfica nas revistas Dorna, Campo de los Patos e Kultur Austausch. Colaborou na Revista Galega de Filoloxía, desde o ano 2009 ocúpase da xestión do Portal Galego da Língua e en 2010 participou no nacemento do portal de noticias Diário Liberdade.

Foi músico no grupo Avante! Participou en exposicións individuais e colectivas dentro e fóra da Galiza, desde 2012, compaxinando esta faceta artística con traballos comerciais para moda e a publicidade. En 2019, na Sala Xohana Torres, expuxo as fotografías de Canción do escuro.

#Aquitaménsefala foi o lema da campaña que Alberto Pombo desenvolveu no IES Rafael Dieste: para afianzar o galego entre a mocidade coa música como un vehículo imprescindible. A campaña Aquí tamén se fala, creada con Arcadio González fíxose viral en Galicia en poucos meses.

A súa tese de doutoramento na Universidade da Coruña foi Relacións entre literatura galega e música (1960-2000) (2022).

Obra

Autorretrato (2014). Amor de madre (Fotografía artística). Verso e acorde: Relacións entre literatura galega e música pop (1950-2000) (2024). Vigo: Xerais. 272 páxs. ISBN 978-84-1110-526-2. Tese de doutoramento.

Tradutor

Rapsodia en negro de Jidi Majia (2016). Vigo: Galaxia (Dombate). ISBN 9788491510246.

Premios 2010: Premio A Coruña Son, polo rock metal en galego. 2020: Premio Mil Primaveras (CTNL) polo traballo desenvolvido en prol da promoción da lingua galega entre a mocidade.

2025: Premio Antón Losada Diéguez de Investigación por Verso e acorde. Relacións entre a literatura galega e a música pop (1950-2000).

Notas

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Fotógrafos de Galicia