Miguel Suárez Abel, nado en Campo (Arzúa) en 1952 e finado en Meirás (Valdoviño) o 18 de abril de 2017, foi un escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Psicoloxía, exerceu como orientador no IES Luís Seoane de Pontevedra. Colaborador de radio e prensa.

Deuse a coñecer ao ser premiado no Certame Modesto R. Figueiredo cos relatos A alemá en 1981, O fillo de Serafín en 1982, O quiquiriquí en 1983. A súa primeira novela Turbo (1986) gañou o Premio Blanco Amor. Álvaro Pino é unha novela-reportaxe publicada en 1989 e Sabor a ti (1991) foi finalista do Premio Xerais. O repenique de Beatriz Goldar gañou o Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia en 2002.

Faleceu o 18 de abril de 2017 por mor do cancro.

Obra Relato Turbo, 1988, Xerais. Sabor a ti, 1991, Xerais. Co dedo nos beizos, 1992, Contos do Castromil. Selva Negra, 1993. O repenique de Beatriz Goldar, 2003. Nunca te vin chorar, 2010.

Ensaio Álvaro Pino, 1989, Xerais.

Obras colectivas Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais. Novo do trinque, 1997, BNG. Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, 2015, Concello de Pontevedra/Galaxia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na Editorial Galaxia Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Arzúa Categoría:Gañadores do Premio Blanco Amor Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores de educación secundaria