A AC-144 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Pontedeume e Ponte da Pedra (Monfero); atravesa os concellos de Pontedeume e Monfero. Ten unha lonxitude de 11,6 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-651 en Pontedeume e finaliza nun cruzamento coa AC-151 en Ponte da Pedra (Monfero).

Notas

Categoría:Estradas da rede secundaria de Galicia na provincia da Coruña Categoría:Pontedeume Categoría:Monfero