Tarzan II (tamén coñecido como Tarzan 2 ou Tarzan 2: The Legend Begins) é un filme estadounidese de 2005 dirixido por Brian Smith. É o terceiro filme da fraquía de Tarzan de Disney logo de Tarzan and Jane, aínda que cronoloxicamente os eventos teñen lugar durante o filme orixinal ambientado na nenez de Tarzan, anos antes de coñecer a Jane. Foi producido por Walt Disney Pictures e DisneyToon Studios Australia, con animación de Toon City Animation. Glenn Close e Lance Henriksen retoman os seus papeis como Kala e Kerchak, mentres que Harrison Chad, Brenda Grate e Harrison Fahn únense ao elenco como as voces de Tarzan, Terk e Tantor, en substitución de Alex D. Linz, Rosie O'Donnell e Taylor Dempsey. A eles únense novos personaxes con voz de George Carlin, Estelle Harris, Brad Garrett e Ron Perlman.
Tarzan II foi lanzado en VHS e DVD o 14 de xuño de 2005.
Personaxes
Harrison Chad como Tarzan Glenn Close como Kala Brenda Grate como Terk Harrison Fahn como Tantor Lance Henriksen como Kerchak George Carlin como Zugor Estelle Harris como Mama Gunda Ron Perlman como Kago Brad Garrett como Uto Frank Welker como efectos vocais de animais Connor Hutcherson como Tonka
Notas
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América