Medio dólarda Batalla de Antietam "Battle of Antietam Half Dollar". United States Mint (Usmint.gov)."1937 Battle of Antietam Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com"½ Dollar 75th anniversary of the Battle of Antietam". Numista.com150x150px150x150pxA/: Bustos acaroados dos xenerais Robert E. Lee e George B. McClellan. Marca do deseñador (MWS). Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / IN GOD WE TRUST / GEN GEORGE B MC CLELLAN / GEN ROBERT E LEE / HALF DOLLARR/: A ponte Burnside, obxectivo táctico na batalla. Data Lendas: SEVENTY FIFTH ANNIVERSARY BATTLE OF ANTIETAM / E PLURIBUS UNUM / THE BRNSIDE BRIDGE / SEPTEMBER 171862 / 1937. Data: 1937. Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia (sen marca de ceca). Gravador: William Marks Simpson. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 50.000 exemplares (deles, 32.000 fundidos). Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.
O Medio dólar da Batalla de Antietam é unha moeda estadounidense de prata con ese valor facial emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada na Ceca de Filadelfia con data de 1937. A moeda foi emitida en conmemoración do 75º aniversario da batalla de Antietam, na guerra civil estadounidense.
Antecedentes e contexto
O feito conmemorado A batalla de Antietam librouse preto de Sharpsburg, Maryland, ao sur de Hagerstown, o 17 de setembro de 1862, e é recoñecida como a batalla dun día con máis vítimas da guerra civil estadounidense, xa que custou a vida de aproximadamente 25.000 soldados da Unión e da Confederación. No bando confederado estaba o famoso xeneral Robert E. Lee e o seu Exército de Virxinia do Norte; fronte a el estaba o xeneral George B. McClellan, co seu Exército do Potomac."Antietam Half Dollar Commemorates Deadliest One-Day Civil War Battle". Coinweek.com. 8 de xuño de 2023. Tratábase, xa que logo, dunha batalla entre o mestre e o seu alumno, xa que o xeneral McClellan se formara na academia militar de West Point, co xeneral Lee como instrutor.Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 411-412.
miniatura|A batalla de Antietam, por Thule de Thulstrup (1887).|300x300px
A idea da emisión conmemorativa O grande interese histórico destes feitos para a historia dos Estados Unidos motivou o desexo dalgunhas entidades de promover a emisión dunha moeda conmemorativa da efeméride, como xa estaba a suceder con outras conmemoracións. Na década de 1930, as moedas conmemorativas non eran distribuídas polo Goberno estadounidense, senón que o Congreso, ao aprobar a lexislación que autorizaba cada moeda, designaba unha organización sen ánimo de lucro á que lle outorgaba o dereito exclusivo de as adquirir ao seu valor nominal e logo revendelas á poboación cunha prima, supondo así unha fonte de financiamento para celebracións e eventos diversas.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 3-5.
Neste caso, foron dúas as entidades promotoras da emisión da moeda: a Washington County Historical Society, de Hagerstown, Maryland, e a Antietam Celebration Commission. Ambas solicitáronlle formalmente ao Goberno federal a emisión dunha moeda conmemorativa do 75º aniversario da batalla de Antietam.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 411.
Inicio Logo da solicitude e da tramitación tanto na Cámara de Representantes como no Senado, o Congreso dos Estados Unidos aprobou o 24 de xuño de 1937 o correspondente proxecto de lei, que logo da súa sinatura polo presidente Franklin D. Roosevelt se converteu na Lei pública número 160, pola que se aprobaba a emisión da moeda. Esta lei especificaba que non se producirían máis de 50.000 exemplares dunha moeda de 50 centavos de prata, cun único deseño e nunha soa casa de moeda, e que estes se entregarían logo da solicitude á Washington County Historical Society de Hagerstown, Maryland."Battle of Antietam Commemorative Coin Legislation". United States Mint (Usmint.gov).
Na circular informativa oficial que daba conta da próxima emisión da moeda, explicábanse así a oportunidade e os termos da emisión:
Deseño e produción miniatura|280x280px|Os xenerais Lee e McClellan, cuxos bustos se reproducen no anverso. As entidades promotoras da emisión encomendáronlle o seu deseño ao escultor de Baltimore William Marks Simpson, que xa tiña a experiencia do deseño do medio dólar conmemorativo do Bicentenario de Norfolk (1936) e o dos 350 anos da colonia de Roanoke (1937). Sobre os modelos presentados por Simpson, a Medallic Art Company, de Nova York, encargouse do posterior gravado dos cuños.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 412.
O deseño da moeda estaba caracterizado pola presenza dos bustos acaroados dos xenerais George B. McClellan e Robert E. Lee no anverso, ollando cara á esquerda, en tanto que o reverso amosaba unha vista da ponte de Burnside sobre o río Antietam Creek, un afluente do Potomac, o escenario da batalla por ser un obxectivo de carácter estratéxico. miniatura|280x280px|A ponte Burnside, motivo central do reverso da moeda. A Casa da Moeda de Filadelfia cuñou en agosto de 1937 as 50.000 moedas autorizadas pola lei, mais outros 28 exemplares que foron conservados para a súa análise —e posterior destrución— pola Comisión de Ensaios dos Estados Unidos na súa reunión anual, en 1938. O primeiro exemplar acuñado entregóuselle persoalmente ao presidente Franklin D. Roosevelt o 12 de agosto de 1937. As moedas foron enviadas á Washington County Historical Society, que as puxo ao dispor dos coleccionistas e dos interesados a un prezo de 1,75 dólares por unidade.
Distribución e coleccionismo As entidades promotoras da emisión e encargadas da súa comercialización fixeron unha intensa campaña publicitaria nas publicacións numismáticas habituais, e parece que a forma maioritaria de venda foi por correo, a partir desta publicidade, e non tanto mediante o comercio local. Mais os esforzos publicitarios non animaban o suficiente a comercialización, que non marchaba conforme o esperado. A finais de 1937, a United States Antietam Celebration Commission e a Washington County Historical Society enviaron un anuncio personalizado aos interesados que tiñan nas súas listaxes de correo, ofrecendo a moeda a un prezo rebaixado de 1,65 dólares, cos gastos de envío incluídos, co seguinte texto:
En calquera caso, a campaña comercial do medio dólar da Batalla de Antietam non acadou o éxito esperado polas entidades promotoras. Dos 50.000 exemplares emitidos para a súa distribución, estas tiveron que devolver finalmente 32.000 ao departamento do Tesouro para que fosen canceladas e fundidas na Casa da Moeda de Filadelfia. Xa que logo, a tiraxe final desta moeda foi de 18.000 exemplares.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 413.
No mercado do coleccionismo, o valor desta moeda en estados de conservación medios sitúase entre os 500 e os 1.000 euros."1937 50C Antietam (Regular Strike)". Professional Coin Grading Services (PCGS.com). Con todo, un espécime nunhas condicións de conservación e de presenza excepcionais acadou os 25.300 dólares nunha poxa numismática da compañía Heritage Auctions que tivo lugar en San Luís en 2007."1937 50C Antietam MS69 NGC". Professional Coin Grading Services (PCGS.com).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bowers, Q. D. (1991). "1937 Antietam Half Dollar". En Commemorative Coins of the United States. A Complete Encyclopedia. Bowers and Merena Galleries, Wolfeboro. Páxinas 411-414. ISBN 978-0-943161-35-8 Flynn, K. (2008). The Authoritative Reference on Commemorative Coins 1892-1954. Kyle Vick, Roswell. Slabaugh, A. R. (1975). United States Commemorative Coinage (2ª ed.). Whitman, Racine. ISBN 978-0-307-09377-6 Swiatek, A. (2012). Encyclopedia of the Commemorative Coins of the United States. KWS, Chicago. ISBN 978-0-9817736-7-4 Swiatek, A.; Breen, W. (1981). "The Battle of Antietam half dollar". En The Encyclopedia of United States Silver & Gold Commemorative Coins, 1892 to 1954. Arco Pub., Nova York. Páxinas 7-12. ISBN 978-0-668-04765-4 Taxay, D. (1967). An Illustrated History of U.S. Commemorative Coinage. Arco, Nova York. ISBN 978-0-668-01536-3 Vermeule, C. (1971). Numismatic Art in America. Harvard University Press. ISBN 978-0-674-62840-3 Yeoman, R. S. (2018). A Guide Book of United States Coins ("Mega Red" 4ª ed.). Whitman, Atlanta. ISBN 978-0-7948-4580-3
Outros artigos
Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos
Categoría:Moedas de medio dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América Categoría:Maryland