A AC-302 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades da Pobra do Caramiñal e San Martiño de Oleiros (Ribeira); atravesa os concellos de Pobra do Caramiñal e Ribeira. Ten unha lonxitude de 6,24 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-305 na Pobra do Caramiñal e finaliza nun cruzamento coa AC-550 en San Martiño de Oleiros (Ribeira).

Notas

Categoría:Estradas da rede secundaria de Galicia na provincia da Coruña Categoría:A Pobra do Caramiñal Categoría:Ribeira