Adam Smith, bautizado o 5 de xuño en 1723 e finado o 17 de xullo de 1790, foi un filósofo moral e economista escocés cuxos escritos sentaron os fundamentos intelectuais da economía clásica. Coñecido principalmente polas súas obras A teoría dos sentimentos morais (1759), que explorou a simpatía humana e a ética, e A riqueza das nacións (1776), que analizou os mecanismos da prosperidade económica a través do intercambio libre e do traballo produtivo, Smith argumentou que o interese propio, cando se canaliza a través de mercados competitivos, promove involuntariamente o benestar público a través dunha «man invisible».
Nacido na vila costeira de Kirkcaldy, en Fife, no seo dunha familia modestamente próspera —o seu pai, funcionario de aduanas, faleceu antes do seu nacemento—, Smith formouse na Burgh School de Kirkcaldy, na Universidade de Glasgow baixo a tutela de Francis Hutcheson, e no Balliol College de Oxford. De volta en Escocia, gañou notoriedade a través de conferencias públicas en Edimburgo e, a partir de 1751, como profesor de Lóxica e despois de Filosofía moral en Glasgow, onde desenvolveu ideas sobre xurisprudencia, retórica e a ciencia do lexislador. A súa estreita amizade con David Hume, outro pensador da Ilustración, moldeou o seu enfoque empírico sobre o comportamento humano e a sociedade, poñendo a énfase na observación por riba da especulación abstracta.
En A riqueza das nacións, Smith criticou as políticas mercantilistas favorables aos monopolios comerciais e á intervención estatal, defendendo no seu lugar a división do traballo como o principal motor da produtividade —tal como ilustra o seu famoso exemplo da fábrica de alfinetes— e os beneficios do comercio sen restricións, da acumulación de capital e dos incentivos salariais para os traballadores. Identificou tres deberes fundamentais para o goberno: (1) a defensa nacional, (2) a administración de xustiza e (3) as infraestruturas públicas alí onde a empresa privada non chegase, reflectindo un compromiso pragmático máis que absoluto co laissez-faire.
Estes principios influíron no pensamento económico posterior, desde a vantaxe comparativa de David Ricardo ata as reformas do século XIX que desmantelaron os monopolios, aínda que a visión holística de Smith, que integra a moral e os mercados, foi nalgúns casos eclipsada por interpretacións máis estreitas que o retratan unicamente como apóstolo dun capitalismo sen freos. Considerado o pai da economía moderna por sintetizar coñecementos previos nun marco sistemático fundamentado na acción humana e nas realidades empíricas, o legado de Smith persiste nos debates sobre a eficiencia do mercado fronte ao papel do Estado.
Traxectoria Primeiros anos Adam Smith naceu en Kirkcaldy, en Fife, Escocia. O seu pai, tamén chamado Adam Smith, era Escritor do Signet, avogado e fiscal e tamén exercía de interventor das aduanas en Kirkcaldy. A nai de Smith era Margaret Douglas, filla do terratenente Robert Douglas de Strathendry, tamén de Fife; casou co pai de Smith en 1720. Dous meses antes de que Smith nacese, o seu pai morreu, deixando a súa nai viúva. A data do bautismo de Smith na Igrexa de Escocia en Kirkcaldy foi o 5 de xuño de 1723 e moitas veces tratouse como se fose tamén a súa data de nacemento, que é descoñecida.
Aínda que se coñecen poucos acontecementos da primeira infancia de Smith, o xornalista escocés John Rae, biógrafo de Smith, rexistrou que Smith fora secuestrado por romanís con tres anos de idade e liberado cando outros o foran rescatar. Smith estaba achegado á súa nai, que probablemente o animou a perseguir as súas ambicións académicas. Asistiu á Burgh School de Kirkcaldy, descrita por Rae como "unha das mellores escolas secundarias de Escocia nese período", entre 1729 e 1737, aprendendo latín, matemáticas, historia e escritura.
Educación universitaria miniatura|upright|Retrato da nai de Smith, Margaret Douglas Smith entrou na Universidade de Glasgow cando tiña catorce anos e estudou filosofía moral con Francis Hutcheson. En 1740, foi o graduado presentado para recibir estudos de posgrao no Balliol College, Oxford, coa Snell Exhibition.
Smith consideraba que o ensino de Glasgow era moi superior á de Oxford, que lle parecía intelectualmente asfixiante. No Libro V, Capítulo II de A Riqueza das Nacións, escribiu: "Na Universidade de Oxford, a maior parte dos profesores públicos abandonaron por completo, desde hai moitos anos, incluso a pretensión de ensinar." Tamén se di que Smith queixouse aos seus amigos de que unha vez os funcionarios de Oxford descubríronlle lendo un exemplar de A Treatise of Human Nature (en galego: Tratado da natureza humana) de David Hume, e posteriormente confiscáronlle o libro e castigárono severamente por lelo. Segundo William Robert Scott, "O Oxford da época [de Smith] axudouno pouco ou nada ao que ía ser a obra da súa vida". Con todo, aproveitou a súa estancia en Oxford para aprender pola súa conta varias materias lendo moitos libros dos estantes da gran Bodleian Library. Segundo as súas cartas, cando Smith non estudaba pola súa conta, a súa estancia en Oxford facíaselle insoportable. Case ao final da súa estancia alí, empezou a sufrir ataques de tremores, probablemente síntomas dunha crise nerviosa. Abandonou a Universidade de Oxford en 1746, antes de que terminase a súa bolsa de estudos.
No Libro V de A riqueza das nacións, Smith comenta a baixa calidade do ensino e a escasa actividade intelectual das universidades inglesas, en comparación coas súas homólogas escocesas. Atribúe esta situación ás ricas dotacións dos colexios universitarios de Oxford e Cambridge, que facían que os ingresos dos profesores fosen independentes da súa capacidade para atraer estudantes, e ao feito de que os homes de letras distinguidos podían gañarse a vida aínda máis comodamente como ministros da Igrexa de Inglaterra.
O descontento de Smith en Oxford podería deberse en parte á ausencia do seu querido profesor en Glasgow, Francis Hutcheson, que estaba ben considerado como un dos profesores máis destacados da Universidade de Glasgow na súa época e gañábase a aprobación de estudantes, colegas e mesmo residentes ordinarios co fervor e a seriedade das súas oracións (que ás veces abría ao público). As súas conferencias esforzábanse non só en ensinar filosofía, senón tamén en facer que os seus alumnos encarnasen esa filosofía nas súas vidas, adquirindo apropiadamente o epíteto de predicador da filosofía. A diferenza de Smith, Hutcheson non era un construtor de sistemas; máis ben, a súa personalidade magnética e o seu método de dar conferencias influíron tanto nos seus alumnos e provocaron que os máis grandes referísense a el reverencialmente como "o Hutcheson que nunca se esquecerá", un título que Smith en toda a súa correspondencia só utilizou para describir a dúas persoas, o seu bo amigo David Hume e o seu influente mentor Francis Hutcheson.Scott, W. R. "The Never to Be Forgotten Hutcheson: Excerpts from W. R. Scott," Econ Journal Watch 8(1): 96–109, xaneiro de 2011.
Carreira docente miniatura|upright|David Hume foi amigo e contemporáneo de Smith.|alt=Pintura do filósofo David Hume De 1748 a 1751 foi profesor axudante de retórica e literaturaSmith, A. ( 1985). Lectures on Rhetoric and Belles Lettres . vol. IV of the Glasgow Edition of the Works and Correspondence of Adam Smith (Indianapolis: Liberty Fund, 1984). Consultado o 16 de febreiro de 2012 na Universidade de Edimburgo. Durante este período estableceu unha estreita amizade co filósofo David Hume, amizade que influíu moito sobre as teorías economicistas e éticas de Smith.
En 1751 foi nomeado catedrático de lóxica e en 1752 de filosofía moral na universidade de Glasgow. A finais de 1763 recibiu unha oferta de Charles Townshend (que David Hume lle presentara) para converterse no titor do seu fillastro, Henry Scott, 3º Duque de Buccleuch. Smith dimitiu do seu posto como profesor en 1764 para aceptar o traballo. Posteriormente intentou devolverlle as taxas que cobrara aos seus alumnos porque renunciara a mediados do mandato, mais estes negáronse.
Titorías, viaxes, intelectuais europeos O traballo como titor de Smith incluíu unha xira por Europa con Scott, durante a cal o educou sobre unha variedade de temas, como a etiqueta e modos. Pagáballe 300 libras ao ano (máis gastos) xunto cunha pensión de 300 libras ao ano, aproximadamente o dobre dos seus ingresos anteriores como profesor. Smith viaxou por primeira vez como titor a Tolosa, onde estivo ano e medio. Segundo o seu propio relato, atopou a cidade algo aburrida e escribiulle a Hume que "comezara a escribir un libro para pasar o tempo". Despois de percorrer o sur de Francia, o grupo mudouse a Xenebra, onde Smith se reuniu co filósofo Voltaire.
Desde Xenebra, o grupo trasladouse a París. Aquí, Smith coñeceu ao editor e diplomático estadounidense Benjamin Franklin, que uns anos máis tarde lideraría a oposición nas colonias americanas contra catro resolucións británicas de Charles Townshend (na historia coñecidas como as Leis Townshend), que ameazaban o autogoberno colonial americano e impoñían dereitos de renda sobre unha serie de artigos necesarios para as colonias. Smith descubriu a escola de fisiocracia fundada por François Quesnay. Os fisiócratas opúñanse ao mercantilismo, a teoría económica dominante da época, ilustrada no seu lema Laissez faire et laissez passer, le monde va de lui même! ("Deixa facer e deixa pasar, o mundo segue por si só!") e defendían a economía e política baseada na primacía da lei natural, a riqueza e a orde. Smith inspirouse en esencia nas ideas de François Quesnay e Anne Robert Jacques Turgot para establecer a súa propia teoría, con diferenzas respecto á destes autores.
A riqueza de Francia fora practicamente esquilmada por Lois XIV e Lois XV en guerras ruinosas, e esgotouse aínda máis na axuda os soldados revolucionarios americanos, contra os británicos. Dado que a economía británica da época lanzaba unha distribución da renda que contrastaba coa que existía en Francia, Smith concluíu que "con todas as súas imperfeccións, [a escola fisiocrática] é quizais a aproximación máis próxima á verdade que se publicou ata o de agora sobre o tema da economía política."Smith, A., 1976, The Wealth of Nations edited by R. H. Campbell and A. S. Skinner, The Glasgow edition of the Works and Correspondence of Adam Smith, vol. 2b, p. 678. A distinción entre traballo produtivo e improdutivo -a clase fisiocrática estéril- foi unha cuestión predominante no desenvolvemento e a comprensión do que se convertería na teoría económica clásica.
Últimos anos En 1766, o irmán máis novo de Henry Scott morreu en París e a xira de Smith como titor rematou pouco despois. Smith regresou á casa ese ano a Kirkcaldy, e dedicou gran parte da década seguinte a escribir a súa obra magna. Alí, fixo amizade con Henry Moyes, un mozo cego que mostrou unha aptitude precoz. Smith conseguiu o patrocinio de David Hume e Thomas Reid na educación do mozo.Dr James Currie to Thomas Creevey, 24 de febreiro de 1793, Lpool RO, Currie MS 920 CUR En maio de 1773, Smith foi elixido membro da Royal Society de Londres, e foi elixido membro do Literary Club en 1775. A riqueza das nacións publicouse en 1776 e foi un éxito instantáneo, esgotando a súa primeira edición en só seis meses.
En 1778, Smith foi nomeado director de aduana en Escocia e marchou a vivir coa súa nai (que morreu en 1784) a Panmure House no Canongate de Edimburgo. Cinco anos despois, como membro da Sociedade Filosófica de Edimburgo cando recibiu a súa carta real, converteuse automaticamente nun dos membros fundadores da Royal Society of Edinburgh. De 1787 a 1789 ocupou o posto de reitor honorífico da Universidade de Glasgow.
Morte miniatura|upright|En Kirkcaldy, cidade natal de Smith, hai unha placa conmemorativa de Smith.|alt=placa de Smith