A selección de baloncesto de Mozambique é a selección que representa ao país nos torneos oficiais de baloncesto a nivel de selección e está vinculada á Federación de Baloncesto de Mozambique. , fiba.com.

Historia miniatura|280x280px|O xogador mozambicano Ermelindo Orlando (nº 7) defendendo ao senegalés Antoine Mendy no AfroBasket de 2003.

Século XX Foi creada en 1978 e ese mesmo ano uniuse á FIBA África. En 1981, clasificouse por primeira vez para o AfroBasket, rematando no décimo lugar en Mogadiscio, Somalia.

No Afrobasket de 1985 en Alexandría, Exipto, rematou no quinto lugar e dous anos despois rematou no noveno posto na edición que se disputou en Abidjan, Costa de Marfil. Dez anos despois clasificouse de novo para o Afrobasket onde rematou no noveno lugar en Alxer, Alxeria. En 1999 volveu clasificarse para o Afrobasket de Angola e rematou na décima posición, e dende esa edición non deixou de participar no torneo máis importante a nivel continental, aínda que sen moito éxito.

Século XXI Tamén participaron nos Xogos Panafricanos de 2011, onde perderon a final ante Nixeria, que é o logro máis importante do equipo.

Os equipos feminino e masculino foron adestrados na década de 2000 e na década de 2010 entre outros por Milagre Macome e polo galego Alberto Blanco, que gañou o ouro coa selección feminina mozambicana na primeira edición dos Xogos da Lusofonía en 2006.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Afrobasket – Mozambique Men National Team FIBA - Perfil

Categoría:Seleccións de baloncesto Categoría:Equipos de baloncesto