Sabel Tuñón Ces, nada en Xixón en 1963, é unha escritora asturiana en lingua asturiana.
Traxectoria Sabel Tuñón é activista en asociacións ciudadás, culturais e políticas.asturnews.com Foi cofundadora do Partíu Asturianista e nos anos 80 estivo na asociación Andecha Asturianista. Na actualidade é membro de El Garrapiellu e directiva de Iniciativa pol Asturianu.
É autora de contos para nenos de 0 a 3 anos, ademais doutros traballos, como un libro sobre Andrés Solar ou unha guía sobre a parroquia de Deva e microrrelatos publicados en prensa e antoloxías como Cuántu carbón saldría e Muyeres escritores. No eido político, formou parte da candidatura do Bloque por Asturies-Unidá Nacionalista Asturiana (UNA) para Xixón en 2011 e no movemento veciñal foi primeiro vicepresidenta e despois presidenta da "Asociación de Vecinos de Vega-La Camocha" de 2002 a 2010. Ademais foi líder do movemento de nais e pais de alumnos do IES Jacinto Benavente por máis de dezaseis anos, un centro que foi pioneiro no emprego do asturiano e na difusión da cultura asturiana.
Xunto con Takeshi Moritaku creou o primeiro dicionario asturiano-xaponés/xaponés-asturiano con 2.800 entradas, cunha transcrición fonética das palabras. Porén, aínda non foi publicado. Sabel Tuñón e Takeshi Moritaku coñecéronse en Xixón en 2002. El foi a Asturias nun intercambio para dar clases de cultura xaponesa nun instituto e, ademais aprender castelán. Aloxouse na casa de Sabel Tuñón, onde tivo contacto co asturiano e acabou facendo a «proba de coñecemento da lingua asturiana».Diccionariu Astur-Xaponés
Tuñón é membro da xunta directiva de Iniciativa pol Asturianu.Día de les lletres de les-Regueres
Obras Animalaes (Ámbitu, 2007)Bibliografía La primavera (Ámbitu) Los animales (Ámbitu) Kiko Perico (Ámbitu) Animalinos (Ámbitu) Deva peles siendes d'Andrés Solar Santurio (Conceyu de Xixón, 2005) Diccionariu asturianu-xaponés (sen publicar)
Notas
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Políticos do Partíu Asturianista Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Escritores en lingua asturiana