O Pavillón de Xeo de Jaca é un pavillón adicado á práctica de deportes de xeo na cidade de Jaca, na provincia de Huesca (España). O edificio foi deseñado polo estudio de arquitectura Coll-Barreu Arquitectos en 2005 e foi inaugurado en 2007 con motivo do Festival Olímpico da Xuventude Europea que se celebrou na cidade aragonesa.

O pavillón ten dúas pistas de xeo, unha de dimensións olímpicas (60 x 30 metros) e outra de menores dimensións (50 x 20 metros) e destinada a usos lúdicos para uso de menores de 11 anos, tratándose do primeiro edificio de España en contar con dúas pistas de xeo. A pista principal ten bancadas para dar cabida a 1 891 persoas, se ben a capacidade do recinto se pode ampliar ata as 3 579 persoas mediante a instalación doutras estruturas de bancadas de carácter provisional, e ata as 6 700 persoas para espectáculos con público de pé sobre as pistas.

O edificio salienta pola súa estrutura de vidro e aceiro en forma de cúpula tórica.

No pavillón realiza as súas actividades o Club Hielo Jaca nas súas distintas seccións: curling, hóckey sobre xeo e patinaxe artística sobre xeo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Jaca Jaca