O Bristol Blenheim foi un bombardeiro lixeiro británico deseñado e construído por Bristol Aeroplane Company e usado durante a segunda guerra mundial. Foi o primeiro avión británico cunha construción totalmente metálica e usouse moito durante os dous primeiros anos do conflito. Posteriormente sería usado como caza pesado e nocturno, e como adestrador. Unha versión de construción canadense, bautizado como Bolingbroke, foi usado como avión antisubmarino e de adestramento.

O Blenheim Mk I eclipsou á meirande parte dos cazas biplanos de finais dos anos 30 pero tivo poucoas posibilidades contra o Messerschmitt Bf 109 alemán durante as operacións diúrnas, aínda que tivo éxito como caza nocturno. A variante Mark IV tamén tivo moi pouco éxito, sufrindo grandes perdas nas primeiras etapas da guerra.

Especificacións Tipo: caza de longo alcance Bristol Blenheim Mk IVF Envergadura: 17,17 m. Lonxitude: 12,98 m. Planta motriz: dous motores radiais Bristol Mercury XV. Armamento: seis metralladoras de 7,7 mm. Peso máximo de engalaxe: 6.580 kg. Velocidade máxima: 260 millas/h a 12.000 pés. Alcance operacional: 1.460 millas.

Categoría:Aeronaves de Bristol Aeroplane Company Categoría:Cazas británicos da segunda guerra mundial Categoría:Bombardeiros británicos da segunda guerra mundial Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1935