A OU-124 (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades da Vilavella (A Mezquita) e Pradorramisquedo (Viana do Bolo); atravesa os concellos da Mezquita e Viana do Bolo. Ten unha lonxitude de 8,61 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-525 na Vilavella (A Mezquita) e finaliza nun cruzamento coa ZA-102 en Pradorramisquedo (Viana do Bolo) co límite provincial de Ourense e Zamora (Castela e León). Esta estrada esta dividida en 2 treitos, un na zona sueste da provincia de Ourense co concello da Mezquita (1,11 quilómetros) e outro na zona este da provincia de Ourense co concello de Viana do Bolo (7,5 quilómetros), polo que divide á estrada castelá-leonesa ZA-102 en 2 treitos, nos concellos de Pías e Porto da provincia de Zamora.
Notas
Categoría:Estradas da rede secundaria de Galicia na provincia de Ourense Categoría:A Mezquita Categoría:Viana do Bolo